Noticias
O Programa Integra-T está destinado á intervención con colectivos en situación ou risco de exclusión social, con fin de mellorar as posibilidades de emprego e favorecer a súa autonomía dotándolles dos recursos necesarios para súa integración sociolaboral.
O Programa ofrece un itinerario individualizado de inserción laboral no que está contemplado actuacións de carácter persoal, social, pre-laboral, formativas e de inserción laboral.
Accións e actividades que se levarán a cabo:
Atención individual e personalizada:
- Asesoramento e orientación en materia de emprego.
- Fomento da capacidade emprendedora (Incubadora para emprendedores). Asesoramento e orientación en materia de autoemprego.
- Acompañamento e prospección laboral.
Accións formativas:
- Curso básico de Hostalería:
- Total de 80 horas.
- Módulo 1: Normas e condicións hixienicosanitarias en restauración (10 horas).
- Módulo 2: Realización de elaboracións básicas e elementais de cociña e asistir na elaboración culinaria (28 horas).
- Módulo 3: Prácticas profesionais no laborais (40 horas).
- Módulo 4: Formación para a igualdades (2 horas).
- Curso Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais:
- Total de 80 horas.
- Módulo 1: Limpeza de solos, paredes, e teitos en edificios e locais (15 horas).
- Módulo 2: Levar a cabo a limpeza do mobiliario ubicado no interior dos espazos a intervir (15 horas).
- Módulo 3: Realizar a limpeza de cristais en edificios e locais (8 horas).
- Módulo 4: Prácticas profesionais non laborais (40 horas).
- Módulo 5: Formación para igualdades (2 horas).
A QUEN VAI DIXIDO?
Persoas en situación ou risco de exclusión social.
CÓMO ME INSCRIBO?
Se estás interesado/a en participar, podes enviarnos un correo electrónico cos teus datos a orientacion.laboral@cimo.org o chamarnos ao teléfono 988391515
Dito programa desenvolvese co apoio da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, e cofinanciado pola Unión Europea.