Noticias
Programa New Start
- 18 abril, 2023
- Publicado por: CIMO
- Categoría: Emprendimiento Formación Noticias
O obxectivo desta formación é fomentar a cultura emprendedora e a empregabilidade das persoas participantes a través do acceso a coñecementos relacionados co emprendemento empresarial en Economía Social e Solidaria, facilitando ao alumnado as ferramentas necesarias para analizar as necesidades e requirimentos fundamentais para afrontar o proceso do emprendemento; coñecer os procesos necesarios para a posta en marcha dunha empresa de Economía Social; e os aspectos xurídicos, fiscais, laborais, a elaboración do seu plan de empresa e o programa de axudas da Economía Social.
- Datas: 22, 23, 24 e 25 de maio de 2023
- Horario: de 09:00 a 14:00 horas
- Modalidade: Presencial
- Obxectivos:
– Coñecer as distintas formas xurídicas en economía social.
– Experimentar o proceso de posta en marcha dunha empresa de economía social.
– Determinar claramente o seu proxecto e a súa oferta de valor.
– Identificar o seu mercado e determinar o posicionamento dentro do mesmo.
– Analizar a competencia e identificar eixos de cooperación co tecido existente.
– Identificar os seus segmentos de clientes e/ou de usuarios.
– Facer unha planificación estratéxica dos seus proxectos.
– Determinar unha previsión de custos e ingresos dos seus proxectos.
– Facer unha previsión financeira dos seus proxectos e comprobado a viabilidade económica do mesmo.
– Identificar as fontes de financiamento posibles para os seus proxectos
– Adquirir as habilidades para comunicar e adaptar a súa mensaxe en función das persoas a quen vai dirixido.
– Coñecer as obrigas fiscais das empresas de economía social.
– Obter contactos pertinente de proxectos similares aos seus para poñerse en rede. - Público obxectivo: Persoas que están interesadas en formarse e por en marcha unha iniciativa en economía social
- Programa “NEW START” (20 horas):
- Sesión 1.- Entidades de Economía Social: Aspectos clave na elección da Forma Xurídica e Trámites de Constitución_ Duración 5 horas.
o Definición da economía social
o Principios que rexen a economía social
o Tipos de entidades de economía social
o Formas xurídicas e trámites de constitución - Sesión 2.- Plan de Empresa e implantación dun Modelo de Negocio Sostible en Entidades de Economía Social: O Método Canvas_ Duración 5 horas.
o Creación e emprendemento en economía social
o O Plan de Empresa - Sesión 3.- Viabilidade económica-financeira e Incentivos á Economía Social: Axudas e Subvenciones_ Duración 5 horas.
o Estudo da Viabilidade Económica – Financeira nas entidades de Economía Social
o Incentivos á Economía Social: Axudas e Subvencións - Sesión 4.- Fiscalidade para emprendedores en Economía Social_ Duración 5 horas.
o Introdución ao sistema impositivo
o Obrigacións tributarias das entidades de economía social
o O IAE e o alta Censual
o Retencións
o O IVE
o O imposto sobre sociedades
o Réxime especial de Cooperativas
o Fiscalidade de Sociedades Laborais
o Fiscalidade das Asociacións
- Sesión 1.- Entidades de Economía Social: Aspectos clave na elección da Forma Xurídica e Trámites de Constitución_ Duración 5 horas.
- Inscripción:
- Gratuíta
- Ata o 19 de maio de 2023
- A través deste formulario de inscrición ou no teléfono 988 39 15 15
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social