CIMO desenvolve desde o mes de decembro de 2017 e ao longo do presente ano 2018 un programa de emprego denominado Impulsa-T. Dito programa é unha forma de informar, asesorar, apoiar e motivar as persoas desempregadas para interactuar nun contexto de confianza onde compartiran experiencias, formación e información que melloren notablemente as posibilidades de procura de emprego e o desenvolvemento de proxectos propios de autoemprego. Dito proxecto está financiado pola Xunta de Galicia.