Noticias
Programa New Start Woman
- 21 agosto, 2024
- Publicado por: CIMO
- Categoría: Programas
O obxectivo do programa New Start Woman é o de fomentar a cultura emprendedora e a empregabilidade das mulleres participantes a través de actividades de formación relacionadas co emprendemento empresarial en Economía Social e Solidaria, así como o asesoramento e acompañamento para a posta en marcha de novos proxectos é favorecer e promover a creación de emprego sostible e de calidade.
- Obxectivos:
– Coñecer as distintas formas xurídicas en economía social.
– Experimentar o proceso de posta en marcha dunha empresa de economía social.
– Determinar claramente o seu proxecto e a súa oferta de valor.
– Identificar o seu mercado e determinar o posicionamento dentro do mesmo.
– Analizar a competencia e identificar eixos de cooperación co tecido existente.
– Identificar os seus segmentos de clientes e/ou de usuarios.
– Facer unha planificación estratéxica dos seus proxectos.
– Determinar unha previsión de custos e ingresos dos seus proxectos.
– Facer unha previsión financeira dos seus proxectos e comprobado a viabilidade económica do mesmo.
– Identificar as fontes de financiamento posibles para os seus proxectos
– Adquirir as habilidades para comunicar e adaptar a súa mensaxe en función das persoas a quen vai dirixido.
– Coñecer as obrigas fiscais das empresas de economía social.
– Obter contactos pertinente de proxectos similares aos seus para poñerse en rede. - Público obxectivo: Mulleres que están interesadas en formarse e por en marcha unha iniciativa en economía social
- Temporalidade: de abril a outubro de 2024.
- Información e inscrición:
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social
Para máis información ou para realizar a inscrición, podes picar na seguinte ligazón: formulario de inscrición.