Noticias
O obxectivo desta actividade é fomentar a cultura emprendedora e a empregabilidade das persoas participantes a través do acceso a coñecementos relacionados co emprendemento empresarial en Economía Social e Solidaria, facilitando ao alumnado as ferramentas necesarias para analizar as necesidades e requirimentos fundamentais para afrontar o proceso do emprendemento; coñecer os procesos necesarios para a posta en marcha dunha empresa de Economía Social; e os aspectos xurídicos, fiscais, laborais, a elaboración do seu plan de empresa e o programa de axudas da Economía Social.
- Obxectivos:
– Coñecer as distintas formas xurídicas en economía social.
– Experimentar o proceso de posta en marcha dunha empresa de economía social.
– Determinar claramente o seu proxecto e a súa oferta de valor.
– Identificar o seu mercado e determinar o posicionamento dentro do mesmo.
– Analizar a competencia e identificar eixos de cooperación co tecido existente.
– Identificar os seus segmentos de clientes e/ou de usuarios.
– Facer unha planificación estratéxica dos seus proxectos.
– Determinar unha previsión de custos e ingresos dos seus proxectos.
– Facer unha previsión financeira dos seus proxectos e comprobado a viabilidade económica do mesmo.
– Identificar as fontes de financiamento posibles para os seus proxectos
– Adquirir as habilidades para comunicar e adaptar a súa mensaxe en función das persoas a quen vai dirixido.
– Coñecer as obrigas fiscais das empresas de economía social.
– Obter contactos pertinente de proxectos similares aos seus para poñerse en rede. - Público obxectivo: Persoas que están interesadas en formarse e por en marcha unha iniciativa en economía social
- Temporalidade: de xullo do 2022 a xuño do 2023.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social