CIMO - Entidad declarada de utilidad pública > Noticias > Programas > Programa Integrado de Emprego CIMO 2020/21
Programa Integrado de Emprego CIMO 2020/21
- 15 noviembre, 2020
- Publicado por: CIMO
- Categoría: Programas
No hay comentarios
O Programa Integrado de Emprego CIMO, Entidade Prestadora de Servicios 2020/21 concíbese como un conxunto de accións organizadas o redor dun proceso personalizado e individualizado que ten como obxectivo a inserción laboral e o crecemento persoal e profesional das persoas participantes, especialmente a través de accións en materia de información, orientación e asesoramento (individual e grupal), formación, práctica laboral, mobilidade xeográfica, prospección de empresas e intermediación laboral.
Destinatarios/as: As destinatarias serán 100 mulleres pertencentes a algún dos seguintes colectivos:
- Mulleres desempregadas en risco de exclusión social e beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.
- Mulleres menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación.
- Mulleres menores de 30 anos desempregadas cualificadas.
- Mulleres desempregadas perceptoras de prestacións. subsidios por desemprego ou renda activa de inserción (RAI)
- Mulleres desempregadas
- Mulleres desempregadas inmigrantes
Obxectivos de inserción: 45 %
Temporalidade: Do 9 de Novembro de 2020 ao 8 de Novembro de 2021
Dito proxecto está financiado pola Xunta de Galicia.