Noticias
O Programa Integra-T está destinado á intervención con colectivos en situación ou risco de exclusión social, con fin de mellorar as posibilidades de emprego e favorecer a súa autonomía dotándolles dos recursos necesarios para súa integración sociolaboral.
O Programa ofrece un itinerario individualizado de inserción laboral no que está contemplado actuacións de carácter persoal, social, pre-laboral, formativas e de inserción laboral.
Accións e actividades que se levarán a cabo:
Atención individual e personalizada:
- Asesoramento e orientación en materia de emprego.
- Fomento da capacidade emprendedora (Incubadora para emprendedores). Asesoramento e orientación en materia de autoemprego.
- Acompañamento, intermediación e prospección laboral.
Accións formativas:
- Curso «cociña e repostería para hostalería»:
- Total de 80 horas.
- Módulo 1: Manipulación de alimentos e hixiene alimentaria (10 horas).
- Módulo 2: Técnicas básicas de cociña (5 horas).
- Módulo 3: Elaboración de pinchos e tapas (15 horas).
- Módulo 4: Repostaría básica para hostalería (15 horas).
- Módulo 5: Hixiene e seguridade no traballo (3 horas).
- Módulo 6: Formación para a igualdade (2 horas).
- Módulo 7: Prácticas profesionais non laborais (35 horas).
- Curso «operacións básicas de limpeza profesional e xestión de almacén»:
- Total de 80 horas.
- Módulo 1: Técnicas básicas de limpeza profesional (20 horas).
- Módulo 2: Operacións auxiliares de almacenamento (20 horas).
- Módulo 3: Hixiene e seguridade no traballo (3 horas).
- Módulo 4: Formación para a igualdade (2 horas).
- Módulo 5: Prácticas profesionais non laborais (35 horas).
A QUEN VAI DIXIDO?
Persoas en situación ou risco de exclusión social.
CÓMO ME INSCRIBO?
Se estás interesado/a en participar, podes enviarnos un correo electrónico cos teus datos a orientacion.laboral@cimo.org o chamarnos ao teléfono 988391515
Dito programa desenvolvese co apoio da Xunta de Galicia – “Inclusión Social e loita contra a pobreza” Operación cofinanciada parcialmente co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027

