Noticias
Programa New Start Woman
- 21 agosto, 2024
- Publicado por: CIMO
- Categoría: Emprendimiento Formación Noticias
O obxectivo do programa New Start Woman é o de fomentar a cultura emprendedora e a empregabilidade das mulleres participantes a través de actividades de formación relacionadas co emprendemento empresarial en Economía Social e Solidaria, así como o asesoramento e acompañamento para a posta en marcha de novos proxectos é favorecer e promover a creación de emprego sostible e de calidade.
Este programa desenvolverase entre os meses de abril e outubro de 2024.
Actividades de formación:
- Datas: 23, 24, 25, 28 e 29 de outubro de 2024
- Horario: de 09:00 a 14:00 horas
- Modalidade: Presencial
- Obxectivos:
– Coñecer as distintas formas xurídicas en economía social.
– Experimentar o proceso de posta en marcha dunha empresa de economía social.
– Determinar claramente o seu proxecto e a súa oferta de valor.
– Identificar o seu mercado e determinar o posicionamento dentro do mesmo.
– Analizar a competencia e identificar eixos de cooperación co tecido existente.
– Identificar os seus segmentos de clientes e/ou de usuarios.
– Facer unha planificación estratéxica dos seus proxectos.
– Determinar unha previsión de custos e ingresos dos seus proxectos.
– Facer unha previsión financeira dos seus proxectos e comprobado a viabilidade económica do mesmo.
– Identificar as fontes de financiamento posibles para os seus proxectos
– Adquirir as habilidades para comunicar e adaptar a súa mensaxe en función das persoas a quen vai dirixido.
– Coñecer as obrigas fiscais das empresas de economía social.
– Obter contactos pertinente de proxectos similares aos seus para poñerse en rede. - Público obxectivo: Mulleres que están interesadas en formarse e por en marcha unha iniciativa en economía social
- Programa “NEW START WOMAN” (25 horas):
- Sesión 1.- Entidades de Economía Social: Aspectos clave na elección da Forma Xurídica_ Duración 5 horas.
- Definición da economía social
- Principios que rexen a economía social
- Tipos de entidades de economía social
- Sesión 2: Entidades de economía social: Trámites de Constitución_ Duración 5 horas
- Formas xurídicas e trámites de constitución
- Sesión 3.- Plan de Empresa e implantación dun Modelo de Negocio Sostible en Entidades de Economía Social: O Método Canvas_ Duración 5 horas.
- Creación e emprendemento en economía social
- O Plan de Empresa
- Sesión 4.- Viabilidade económica-financeira e Incentivos á Economía Social: Axudas e Subvencións_ Duración 5 horas.
- Estudo da Viabilidade Económica – Financeira nas entidades de Economía Social
- Incentivos á Economía Social: Axudas e Subvencións
- Sesión 5.- Fiscalidade para emprendedores en Economía Social_ Duración 5 horas.
- Introdución ao sistema impositivo
- Obrigacións tributarias das entidades de economía social
- Réxime especial de Cooperativas
- Fiscalidade de Sociedades Laborais
- Fiscalidade das Asociacións
- Inscrición:
- Gratuíta
- Ata o 22 de outubro de 2024
- A través deste formulario de inscrición ou no teléfono 988 39 15 15
Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.