Proxecto “Anduriña”
- 08/05/2026
- Publicado por: Cimo
- Categoría: Programa activo Programas
PROXECTO ANDURIÑA
O obxectivo principal é a integración no mercado laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero inscritas no Servicio Público de Emprego de Galicia, coa finalidade de que se produza unha mellora tanto da situación laboral como familiar das mulleres participantes.
Datas de execución: dende o 8 de maio ao 31 de outubro de 2026.
Compromiso de inserción do 21% das persoas participantes.
Actuacións que se levarán a cabo:
Itinerarios de inserción: Orientación e asesoramento para a busca de emprego, intermediación laboral con empresas, asesoramento e formación en autoemprego…
Formación para o emprego:
- Utilización de ferramentas de IA para a busca activa de emprego. (10 horas)
- Manipulación de alimentos. (10 horas on-line)
- Auxiliar de comedor escolar. (20 horas)
- Técnicas e procedementos de limpeza con maquinaria industrial (20 horas)
- Prácticas profesionais non laborais (2o horas)
Posibilidade de bolsa para as participantes: As beneficiarias do programa contarán cunha axuda económica de 50 € ao mes, para compensarlle os gastos de transporte, desprazamento, teléfono e Internet, sempre que acredite a súa inclusión e participación activa no programa durante un mínimo de vinte (20) días ao mes.
Máis información e inscripción: a través do teléfono 988 39 15 15 e o correo electrónico: orientacion.laboral@cimo.org
![]()