Noticias
Actívate: Itinerarios de emprego e emprendemento
- 21 agosto, 2025
- Publicado por: CIMO
- Categoría: Empleo Emprendimiento Noticias
O proxecto Actívate nace co obxectivo de ofrecer á mocidade galega, entre 16 e os 35 anos, un espazo formativo, creativo e motivador que lles permita desenvolver as súas competencias profesionais, emprendedoras e sociais, desde unha perspectiva de inclusión, igualdade, empoderamento das mulleres e promoción da lingua galega.
Obxectivo Xeral: Este proxecto propón como obxectivo xeral espertar o espírito empresarial como potencial xerador de emprego a través dun aprendizaxe creativo, dinámico e de integración grupal, enfocando a promoción da loita contra a exclusión social e laboral dos mozos (ou a promoción da súa inclusión) dende a perspectiva do emprendemento a través de estratexias de xestión do coñecemento, elaboración e implementación de metodoloxías de intervención, fomento da cultura da calidade emprendedora e dos/ás emprendedores e o establecemento de sinerxías e procedementos de traballo en rede.
Destinatarios/as: As persoas destinatarias serán 25 mozos e mozas, maiores de 16 e menores de 35 anos.
Actividades que se levan a cabo:
- Actívate para emprender: Formación e mentorización para o desenvolvemento de competencias e ideas emprendedoras con impacto social
- 1 sesión formativa cunha duración de 10 horas
- 2 sesións de mentorización individual por participante
- Xornada final de presentación de proxectos
- Actívate para traballar: Realizarase un itinerario intensivo de preparación para o emprego, con contidos prácticos orientados a mellorar as competencias persoais e profesionais para a inserción laboral.
- 1 sesión formativa cunha duración de 5 horas
- 2 sesións de mentorización individual por participante
O devandito programa desenvólvese co apoio da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude – Xunta de Galicia.
Podes solicitar máis información ou realizar a inscripción no programa a través do seguiente enlace: Formulario de inscripción ou solicita cita previa no correo autoemprego@cimo.org ou no teléfono 988391515 (tamén atendemos por WhatsApp)

