CONDICIÓNS XERAIS DE USO
A Asociación CIMO, con domicilio social en Ourense, Galicia, na Rúa Díaz da Banda Nº 18-A, baixo, CP 32004, con CIF Nº G-32010449, presta servizos de intermediación laboral en Internet coas marcas CIMOEMPREGO e TELEMPREGO CIMO, a través da páxina web principal localizada na URL http://cimoemprego.com/
("o Portal") nos termos recollidos nas presentes Condicións Xerais:
PRIMEIRA.-
A utilización do Portal así como dos servizos que se ofrecen no mesmo son, en principio, de carácter gratuíto, e sen prexuízo de que esta circunstancia poida variar de acordo coa Cláusula Novena destas Condicións Xerais ou polas Condicións Xerais de Uso que regulen particularmente calquera dos servizos incluídos ofrecidos. Algúns dos servizos que se ofrecen requiren o previo rexistro do usuario, para cuxa utilización deberá darse de alta como usuario do Portal.
SEGUNDA.-
Polo mero uso do Portal o usuario manifesta a súa aceptación sen reservas das presentes Condicións Xerais.
TERCEIRA.-
O usuario obrígase a non utilizar o Portal para a realización de actividades contrarias ás leis, á moral, ao orde público e, en xeral, a facer un uso conforme ás presentes condicións xerais. Obrígase así mesmo a non realizar a través dos servizos, actividades publicitarias ou de explotación comercial e a non remitir mensaxes utilizando unha identidade falsa, así como a non ocultar en xeito algún a orixe da mensaxe.
CUARTA.-
CIMO actúa exclusivamente como prestador dun servizo de comunicación entre as partes, non facéndose responsable dos contidos que, en contravención ás presentes Condicións Xerais, as partes puidesen enviarse, sendo o usuario o único responsable da veracidade e licitude dos mesmos. De xeito especial, prohíbese a utilización dos servizos para a remisión de publicidade ou de material crítico cos provedores do servizo.
QUINTA.-
O usuario obrígase a respectar as restricións de uso do Portal establecidas por CIMO en cada momento.
SEXTA.-
CIMO non será responsable dos fallos que puidesen producirse nas comunicacións, incluído o borrado, transmisión incompleta ou atrasos na remisión, non comprometéndose tampouco a que a rede de transmisión estea operativa en todo momento. Tampouco responderá CIMO en caso de que un terceiro, crebando as medidas de seguridade establecidas por CIMO, acceda ás mensaxes ou as utilice para a remisión de virus informáticos.
CIMO adoptou todas as medidas de seguridade legalmente esixidas para a protección dos datos persoais subministrados polo usuario. Non obstante, CIMO non pode garantir a invulnerabilidade absoluta dos seus sistemas de seguridade, nin pode garantir a seguridade ou inviolabilidade de ditos datos na súa transmisión a través da rede.
CIMO non garante a licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos que os usuarios transmitan coa utilización do Portal, así como tampouco a súa veracidade ou exactitude. CIMO non controla a utilización que os usuarios fan do Portal, nin garante que o fagan de forma conforme ás presentes Condicións Xerais.
CIMO non controla nin garante a ausencia de virus informáticos nos servizos prestados por terceiros a través do Portal que poidan producir alteracións no seu sistema informático (software e hardware) ou nos documentos e ficheiros electrónicos almacenados no seu sistema informático. Os dispositivos de enlace que o Portal pon a disposición dos usuarios teñen por único obxecto facilitar aos mesmos a busca da información dispoñible en Internet. CIMO non ofrece nin comercializa os produtos e servizos dispoñibles nos lugares enlazados nin asume responsabilidade algunha por tales produtos ou servizos.
SÉTIMA.-
CIMO poderá interromper o servizo que estea sendo utilizado polo usuario e resolver de modo inmediato a relación co usuario se detecta un uso do seu Portal que poida considerar contrario ás presentes Condicións Xerais.
OCTAVA.-
CIMO resérvase o dereito de deixar de prestar calquera dos servizos ofrecidos no Portal, abondando para iso comunicalo na pantalla de acceso ao servizo cun preaviso de QUINCE (15) días. Resérvase, así mesmo, o dereito de modificar unilateralmente, en calquera momento e sen previo aviso, a presentación e condicións do Portal e as condicións requiridas para a súa utilización.
NOVENA.-
CIMO poderá, en calquera momento, modificar as presentes Condicións Xerais ou introducir novas condicións de uso do Portal, incluído o cese da gratuidade. Ditas modificacións só serán de aplicación a partir da súa entrada en vigor.
DÉCIMA.-
Aos efectos do disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase aos usuarios que os datos recadados en base ao uso do Portal serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal cuxa finalidade é a realización de labores de información, formación e prestación dos servizos ofrecidos a través do Portal.
Os destinatarios da información que se contén en dito ficheiro serán os responsables de CIMO, con domicilio na rúa Díaz da Banda Nº 18-A, baixo, CP 32004 Ourense. CIMO garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos facilitados. De igual modo, se compromete, na utilización dos datos incluídos no ficheiro, a respectar a súa confidencialidade e a utilizalos de acordo coa finalidade do ficheiro.
CIMO informa aos usuarios do seu dereito a consentir ou impedir a cesión dos datos de carácter persoal a terceiros. Salvo manifestación expresa en contra por parte dos usuarios, entenderase que estes autorizan expresamente a cesión dos datos contidos no ficheiro automatizado a terceiros. Dita cesión só poderá ter como finalidade a realización de labores de información, formación e prestación dos servizos ofrecidos polo cesionario.
UNDÉCIMA.-
As partes, con expresa renuncia ao seu propio foro, aceptan como lexislación rectora do presente contrato, a española, e sométense para a resolución de cantos litixios puidesen derivarse do mesmo aos Xulgados e Tribunais de Ourense.
|