Está en: CIMOEMPREGO > Máis opcións > Os nosos servizos Portada   
   Os nosos servizos  

Resumo:

Busca de persoal
Busca ou mellora de emprego
Información
Orientación
Autoemprego / Creación de empresas
CIMO Centro de Formación
Oportunidades de negocio
Publicación de oportunidades de negocio
Divulgación gratuíta de cursos
Divulgación gratuíta de bolsas e axudas
Voluntariado
Colaboración con medios de comunicación
Outros servizos a empresas
Outras actividades
Contáctenos

 

CIMO é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública. Fundada en 1994, adicou os seus esforzos dende entón á loita activa contra o desemprego e a favor de políticas de inserción socio-laboral.

CIMO creou e xestiona CIMOEMPREGO, o Portal Galego do Emprego.

Servizos ofrecidos por CIMO e por CIMOEMPREGO que se ofrecen de forma gratuíta:

PARA EMPRESARIOS:

  • Xestión de ofertas de traballo.
  • Busca e selección de persoal.
  • Divulgación de oportunidades de negocio.

PARA DEMANDANTES DE EMPREGO:

  • Axuda na busca de traballo.
  • Información sobre ofertas de emprego privado, bolsas, axudas, subvencións, cursos, convocatorias de emprego público.
  • Orientación vocacional e laboral.

PARA EMPRENDEDORES:

  • Apoio e asesoramento en todo o proceso de creación dunha empresa (dende a idea inicial ata a posta en marcha).

CIMO CENTRO DE FORMACIÓN

  • Cursos de Busca Activa de Emprego.
  • Cursos de Formación Ocupacional.
  • Xornadas e seminarios de fomento do autoemprego e iniciativa empresarial.
  • Outras actividades formativas: desenvolvemento de habilidades, ocupación de tempo libre, etc.

¿Como acceder aos servizos que brindamos?

Gustosamente lle atenderemos no modo que a continuación se indica:


BUSCA DE PERSOAL

SE VOSTEDE É UN EMPRESARIO OU UN PARTICULAR QUE PRECISA CONTRATAR PERSOAL e desexa que CIMO xestione gratuitamente as súas ofertas de traballo, contacte co Área de Colocación de CIMO.

¿CÓMO ABRIR UNHA OFERTA EN CIMO?

VÍA INTERNET:

No menú desta web, prema a opción " Solicite Empregados". Enchendo os campos do formulario que alí aparece, especifique as características do posto ofrecido e os requisitos que deberán cumprir os candidatos.

Os Xestores de CIMO, especialistas de gran experiencia en intermediación laboral, comunicaranse en breve con vostede. Poñerán á súa disposición os milleiros de currículos da nosa base de datos de demandantes de emprego e, mediante un proceso de selección de alto nivel profesional, axudaranlle a conseguir a persoa idónea para a praza que vostede precisa cubrir.

VÍA TELEFÓNICA:

Tamén pode contactar ca Área de Colocación de CIMO a través do teléfono 988 - 39 15 15,
de luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (hora peninsular española).
Os venres: de 9:00 a 14:00 horas.

VÍA FAX:

Se o desexa, pode utilizar a vía fax, enviándonos a súa solicitude de persoal ao número 988 604 663.
En caso de que a liña estea ocupada, envíenolo ao fax 988 250 240.

"Subir"

BUSCA OU MELLORA DE EMPREGO

SE VOSTEDE ESTÁ BUSCANDO UN EMPREGO OU DESEXA MELLORAR A SÚA ACTUAL SITUACIÓN LABORAL, convidámoslle a que se inscriba en CIMOEMPREGO como demandante de traballo:

  • No menú da nosa web, prema a opción "Rexístrese"
  • Abrirase un formulario de rexistro que deberá encher e no que vostede, para garantir a protección dos seus datos, establecerá un nome Identificativo do Currículo así como un Contrasinal. Ambas claves permitiranlle acceder ao seu CV cantas veces o desexe.
  • Unha vez rematado este rexistro, pode proceder a inscribirse como demandante de traballo en CIMOEMPREGO. Para iso, prema no menú a opción "Currículo". Ao abrirse o formulario, encha os campos dos distintos apartados (Datos persoais, Traballo desexado, Experiencia laboral, Formación académica, Outra formación, Idiomas, Informática, Feitos a destacar, Habilidades).
  • Unha vez cumprimentado o formulario, prema "Introducir". Amosaráselle unha lista de todo o seu CV. Revíseo coidadosamente.
  • Se desexa modificar ou ampliar algo, fágao agora. Cando todo estea correcto, remítao a CIMOEMPREGO premendo "Enviar".

Unha vez recibidos os seus datos, CIMOEMPREGO asignaralle un Xestor Persoal que analizará e titorizará o seu Currículo e vostede pasará a integrarse na nosa Bolsa de Demandantes. A partir dese momento poderá entrar nos procesos de selección de persoal que se axusten ao seu perfil e estará dispoñible para ser elixido polos empresarios que nos soliciten empregados.

Debemos aclararlle que CIMOEMPREGO desenrola unha labor de intermediación entre candidatos e empresarios, sendo estes últimos os que deciden a elección final entre os aspirantes dispoñibles.

Se desexa vir persoalmente a CIMO para inscribirse como demandante de emprego, pode concertar cita no teléfono 988 39 15 15
De luns a xoves de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 (hora peninsular española).
Os venres: de 9:00 a 14:00 horas.

Agardamos serlle útiles na súa busca de traballo.

"Subir"

INFORMACIÓN

SE VOSTEDE DESEXA COÑECER OFERTAS DE TRABALLO, acceda á ampla base de datos que xestiona CIMO. Intégrana entre 800 e 1100 oportunidades de emprego privado e público, reais e vixentes. Actualízase diariamente. Os seus rexistros proceden non só de Galicia senón doutros lugares da xeografía española e incluso do estranxeiro. Atópase a disposición de todos os interesados, demandantes e empresarios, de xeito completamente gratuíto.

Existen dúas posibilidades de pórse en contacto coa nosa base de datos:

a.- visite, na Portada da nosa web, a Opción BUSCADOR DE OFERTAS DE TRABALLO, dispoñible todos os días do ano, durante as 24 horas. O seu rápido sistema de busca permítelle elixir segundo varios parámetros: País, Comunidade Autónoma, Provincia e Familia Ocupacional. Se decide efectuar a busca a través do campo "BUSCA POR PALABRAS", pode escribir nel o nome dun posto, ou algunha característica do mesmo, unha localidade, etc.

b.- chame ao servizo TELEMPREGO CIMO, O TELÉFONO DAS OFERTAS DE TRABALLO, Tlf. 902 11 60 39.
O noso persoal atenderalle de luns a venres de 8:00 a 14:00 (hora peninsular española). Neste teléfono e nos mesmos horarios, tamén se informa sobre convocatorias de bolsas, axudas e cursos.

"Subir"

ORIENTACIÓN

SE DESEXA RECIBIR ORIENTACIÓN VOCACIONAL E LABORAL, solicítea no Centro do Servizo Galego de Colocación onde vostede se atopa inscrito como demandante de emprego.

CIMO é un dos centros colaboradores do SGC que ofrece este tipo de orientación, tan valiosa no complexo mundo profesional de hoxe. As sesións, realizadas de xeito individualizado, son conducidas en CIMO por especialistas expertos no ámbito do emprego. Nelas, os usuarios son asesorados e aconsellados sobre as mellores opcións laborais e formativas dispoñibles, tendo en conta as súas características persoais, habilidades, coñecementos e posibilidades.


"Subir"

AUTOEMPREGO / CREACIÓN DE EMPRESAS

SE VOSTEDE É UN EMPRENDEDOR OU ALGUÉN QUE ESTÁ PENSANDO EN MONTAR UN NEGOCIO PROPIO, en CIMO podemos asesorarlle sobre Creación de Empresas.

O Área de Autoemprego de CIMO conta cunha ampla experiencia. Dende 1994, contribuímos ao desenvolvemento de ideas empresariais e á posta en marcha de centenares de negocios (entre 200 e 300 proxectos titorizados cada ano), apoiando e asesorando aos seus promotores de forma totalmente gratuíta.

Contacte con CIMO. Achará información sobre temas como a idea inicial, o proxecto de negocio, o plan de empresa, o plan económico, a financiación a través de axudas, créditos e subvencións, os trámites de constitución e outros pasos importantes no proceso de creación dunha empresa.

Os nosos especialistas daranlle a coñecer os proes e contras, as vantaxes e inconvenientes de converterse en empresario, e debuxaranlle un mapa do proceso integral que se suscita no autoemprego e do que significa formar parte dun horizonte emprendedor.

Chame ao Área de Autoemprego de CIMO a través do teléfono 988 39 15 15, de luns a venres: de 9:00 a 14:00 (hora peninsular española).

Ou fáganos chegar un correo electrónico a info@cimoemprego.com


"Subir"

CIMO CENTRO DE FORMACIÓN

SE LLE INTERESA PARTICIPAR, COMO ALUMNO, EN CALQUERA DOS CURSOS QUE CIMO ORGANIZA E IMPARTE, chame ao 988 39 15 15.
De luns a venres: de 10:00 a 14:00 (hora peninsular española).

Informarémoslle sobre as actividades da Área de Formación da nosa entidade (cursos, xornadas, seminarios...). Algunhas realízanse na sede de CIMO Centro de Formación, na cidade de Ourense, un local de 500 metros cadrados, completamente equipado para as labores docentes. Outras destas accións teñen lugar en distintas localidades de toda Galicia.

Cada ano, impartimos clases a máis de 500 alumnos. A destacar, os cursos gratuítos de Formación Ocupacional, destinados a desempregados que desexen adquirir coñecementos que lles permitan aumentar as súas posibilidades reais de atopar un posto de traballo. Tamén organizamos cursos de Formación de Técnicos de Emprego e outros, de ámbito menos ocupacional, como os de mellora da calidade de vida, ocupación do tempo de lecer e de desenvolvemento de habilidades.

SE A SÚA ENTIDADE, EMPRESA OU INSTITUCIÓN PRECISA IMPARTIR UN CURSO OU REALIZAR UNHA ACTIVIDADE FORMATIVA, contacte con nós.

CIMO Centro de Formación organiza e imparte, a solicitude de entidades interesadas de toda Galicia, Cursos de Técnicas para a Busca Activa de Emprego que se ofrecen a grupos de persoas en paro, estudantes e colectivos de difícil inserción laboral. Estas accións formativas, eminentemente prácticas, desenvolven nos seus alumnos as capacidades e habilidades que se precisan na actualidade para atopar un posto de traballo.

En colaboración co IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica), CIMO realiza, varias veces cada ano, seminarios e xornadas de fomento do autoemprego e apoio á iniciativa empresarial nas que participan ducias de futuros emprendedores.

Temos unha longa experiencia educativa relacionada coa organización, planificación e impartición de cursos de Formación Ocupacional.

Chame ao Área de Formación de CIMO, teléfono 988 39 15 15.
De luns a venres: de 10:00 a 14:00 (hora peninsular española).


"Subir"

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

SE DESEXA COÑECER OPORTUNIDADES DE INVESTIMENTO EN NEGOCIOS, pode acceder ás Opcións da Sección AUTOEMPREGO do Menú da nosa web.

No Botón "Franquías" poñemos á súa disposición unha ampla base de datos de cadeas franquiadoras de moi variados sectores que operan no estado español.

En "Capital-Socios", aparecen anuncios nos que se buscan socios capitalistas.

En "Negocios" atopará información sobre traspasos de todo tipo de instalacións, vendas e alugueres de negocios en funcionamento e outras posibilidades similares.

En todos os casos amósase a vía de contacto coa persoa ou empresa que xerou a oferta.


"Subir"

PUBLICACIÓN DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Como unha forma de promover o autoemprego e a creación e desenvolvemento de empresas, CIMO bríndalle a posibilidade de difundir en Internet, de xeito totalmente gratuíto, a súa oportunidade de negocio (franquías, busca de socios investidores, vendas, alugueres e/ou traspasos de empresas en funcionamento, etc.).

SE VOSTEDE DESEXA PUBLICAR EN CIMOEMPREGO UNHA OFERTA DE NEGOCIO (Traspaso, aluguer, venda, cesión, permuta, desenvolvemento e aplicación de ideas e novas tecnoloxías, etc.), pode facernos chegar a información utilizando calquera das dúas seguintes vías:

A TRAVÉS DO NOSO PORTAL GALEGO DO EMPREGO.

a.- Prema no Menú da Portada, a opción Negocios.
Cumprimente, co maior detalle e precisión, os campos do formulario. Tras escribir os seus datos de contacto, non esqueza sinalar no campo 'Características, aspectos tales como contía económica, tipo de actividade, zona xeográfica onde desexa realizar o negocio e outros elementos que proporcionen unha información o máis completa posible.

A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO

Envíenos unha mensaxe ao enderezo info@cimoemprego.com seguindo este orde::

DATOS DE CONTACTO
Nome da empresa / Enderezo/ Localidade / Teléfono / Fax / e-mail / Nome da persoa de contacto.

DATOS DA OFERTA
Localidade / Características (Redacte este campo como se fose a ser publicado na sección de anuncios por palabras dun xornal. Exemplo: En Vigo traspásase tenda de conxelados totalmente equipada e en pleno funcionamento. 150 metros cadrados. Lugar moi céntrico.)).

SE VOSTEDE DESEXA PUBLICAR EN CIMOEMPREGO UN ANUNCIO DE BUSCA DE SOCIOS CON CAPITAL, pode facernos chegar a información utilizando calquera das dúas seguintes vías:

A TRAVÉS DO NOSO PORTAL GALEGO DO EMPREGO

a.- Prema no Menú da Portada, a opción Capital/Socios.
Cumprimente, co maior detalle e precisión, os campos do formulario. Tras escribir os seus datos de contacto, utilice o campo 'Características para proporcionar unha información o máis completa posible.

A TRAVÉS DEL CORREO ELECTRÓNICO

Envíenos unha mensaxe ao enderezo info@cimoemprego.com seguindo esta orde:

DATOS DE CONTACTO
Nome da persoa de contacto / Enderezo/ Localidade / Teléfono / Fax / e-mail.

DATOS DA OFERTA
Características (Redacte este campo como se fora a ser publicado na sección de anuncios por palabras dun xornal. Exemplo: Para constituír negocio de distribución e venda de produtos galegos en Madrid e arredores, búscase socio para investir 60.000 euros.)).

SE VOSTEDE DESEXA PUBLICAR NO NOSO PORTAL CIMOEMPREGO OS DATOS DUNHA CADEA QUE BUSQUE FRANQUÍADOS, precisamos coñecer a información dividida en dúas seccións.

a.- Datos de contacto (nome comercial, nome da empresa matriz, enderezo, persoa de contacto, teléfonos, fax, e-mail)

b.- Características da franquía (tipo de actividade, zona ou cidade en que se desexa instalar, dimensións do local, historia da empresa franquiadora, cantidade a investir, canon de entrada, facturación e beneficios previstos en cada un dos tres primeiros anos, etc.).

Pode facernos chegar a información utilizando calquera das dúas seguintes vías:

A TRAVÉS DO NOSO PORTAL GALEGO DO EMPREGO

a.- Prema no Menú da Portada, a opción Franquías. Cumprimente, co maior detalle e precisión, os campos do formulario.

A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO

Envíenos a súa mensaxe ó enderezo info@cimoemprego.com

Se dispón dun folleto ou material máis amplo sobre a franquía a divulgar, pode remitírnolo ao noso enderezo postal: Apartado de Correos 309, 32080 Ourense.


"Subir"

DIVULGACIÓN GRATUITA DE CURSOS

As entidades, organismos e institucións que ofrezan cursos en España e desexen que divulguemos gratuitamente as súas convocatorias a través das publicacións de CIMO e do servizo telefónico TELEMPREGO, poden enviarnos a info@cimoemprego.com os seguintes datos: título do curso, contido, duración, nº de prazas, data inicio, prazo de matrícula, custe, cidade onde se impartirá, entidade organizadora e teléfono de información, así como calquera outra característica de interese.


"Subir"

DIVULGACIÓN GRATUÍTA DE BOLSAS E AXUDAS

As entidades, organismos e institucións que ofrezan bolsas ou axudas destinadas a cidadáns españois e desexen que divulguemos gratuitamente as súas convocatorias a través das publicacións de CIMO e do servizo telefónico TELEMPREGO, poden enviarnos a info@cimoemprego.com os seguintes datos: título da convocatoria, características, dotación, destinatarios, duración, nº de prazas, data inicio, prazo de presentación de solicitudes, lugar onde se disfrutará, entidade convocante e teléfono ou web de información.


"Subir"

VOLUNTARIADO

SE DESEXA COLABORAR CON NÓS COMO VOLUNTARIO/A, brindámoslle a posibilidade de participar nas seguintes actividades:

Asesoramento socio-laboral a estranxeiros e a emigrantes retornados : información sobre temas de carácter laboral e acompañamento na realización de diversos trámites.

Apoio á creación de empresas: colaboración no Área de Autoemprego de CIMO, na que se asesora gratuitamente a emprendedores que desexan poñer en marcha unha iniciativa empresarial.

Xestión do portal CIMOEMPREGO: recollida, elaboración e transmisión a usuarios de información relacionada con ofertas de emprego, documentación, xestión de contidos, etc.

Se pensa que pode realizar algunha contribución á labor social que realizamos, contacte con CIMO.
Chame ao teléfono 988 39 15 15. De luns a xoves: de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 (hora peninsular española).
Os venres: de 9:00 a 14:00 horas.

Ou envíenos un correo electrónico ao enderezo info@cimoemprego.com


"Subir"

COLABORACIÓN CON MEDIOS DE COMUNICACIÓN

SE O SEU MEDIO DE COMUNICACIÓN DESEXA PUBLICAR AS OFERTAS DE TRABALLO DE CIMOEMPREGO, contacte con CIMO.

A nosa entidade colabora con numerosos medios, tanto na prensa escrita como en radio, televisión e Internet, sen custe algún para estes. O noso obxectivo é dar a máis ampla divulgación posible ás oportunidades de traballo que xestionamos gratuitamente e así posibilitar o acceso a elas a un número maior de demandantes de emprego.

Podemos enviarlle dende 20-30 ofertas cada vez ata a totalidade da base de datos (de 800 a 1000), clasificadas en 20 sectores ocupacionais. Cada rexistro inclúe o número de identificación da oferta, a localidade, o nome do posto así como os requisitos esixidos. Trátase de ofertas abertas, vixentes, de postos reais que precisan ser cubertos.

Os envíos realízanse vía correo electrónico e pódense personalizar de acordo aos intereses do medio solicitante:
Atendendo á cobertura xeográfica do medio: toda Galicia, unha ou varias provincias, unha ou varias cidades, etc.
Atendendo á data de introdución na nosa base de datos: por exemplo, unha selección das ofertas introducidas nos últimos días.

As nosas ofertas publícanse actualmente nos seguintes medios:

- Atlántico Diario
- Cadena COPE
- Cadena SER
- El Rastrillo
- La Región
- Laboris Galicia
- Localia TV
- O Mensaxeiro
- Onda Cero
- Periódico Ourense por Barrios
- Primera Edición
- Proxecto INTES Vigo
- Radio Galega
- Revista Información Semanal
- Taboleiro Informativo Semanal
- Tele-Arnoia
- Teletexto da TV de Galicia
- Televisión de Galicia (Programa "Bos Días")
- Web cimoemprego.com
- Web eduardochao.org
- Web mundourense.com
- Web webempleo.org

Para recibir no seu medio de comunicación os envíos gratuítos de ofertas de traballo de CIMOEMPREGO, envíenos a súa solicitude a:

Área de Comunicación CIMO
info@cimoemprego.com


"Subir"

OUTROS SERVIZOS A EMPRESAS

Ademais dos servizos anteriores, ofrecidos todos de forma gratuíta, CIMO pon a disposición das empresas a súa:

FACTORÍA DE CONTIDOS

Emprendendo o camiño da autofinanciación, CIMO desenvolveu dende 1998 unha Factoría de Contidos que se atopa en pleno funcionamento e xera materiais diversos que se subministran a portais e webs líderes en Internet e a empresas.

CIMO posúe o persoal, a experiencia, os medios e a capacidade suficiente para acometer calquera tipo de traballo relacionado con bases de datos, documentación, deseño, textos divulgativos e xornalísticos e outros produtos, a solicitude do cliente e de acordo coas súas necesidades e requirimentos.

Estamos interesados en alianzas e novos contactos con medios de comunicación dentro e fóra da rede.

A relación de contidos que estamos a disposición de subministrarlles de xeito inmediato ou a curto prazo inclúe:

  • FARMACIAS DE GARDA
  • MÚSICA (Concertos)
  • RESTAURANTES
  • ESPECTÁCULOS (Outros eventos)
  • OFERTAS DE EMPREGO
  • INFORMACIÓN PARA EMPRESARIOS (Negocios, Franquicias, Socios Inversores)
  • CARTELEIRA DE CINES
  • BOLETIN NOTICIAS DO CINE
  • TAXIS
  • TRANSPORTE PÚBLICO
  • ACTIVIDADES INMOBILIARIAS
  • TELEVISIÓN
  • HOTEIS (incluindo campings, aloxamentos de turismo rural, etc.)
  • HOSPITAIS E CLÍNICAS (incluindo as veterinarias)
  • GASOLIÑEIRAS E ESTACIÓNS DE SERVIZO
  • VEHÍCULOS USADOS
  • CAIXEIROS
  • APARCAMENTOS
  • COMIDAS A DOMICILIO
  • PERSOAL DE ASISTENCIA A DOMICILIO
  • MASCOTAS E ANIMAIS DE COMPAÑA
  • y ademáis...
  • BASES DE DATOS "Á CARTA" (a pedido do cliente)

A súa Factoría de Contidos é o único servizo que CIMO non brinda de xeito gratuíto, xa que se insire na política de autofinanciación que nos axuda a levar a cabo as nosas actividades de tipo social.

A nosa condición de entidade sen ánimo de lucro e o noso modelo de xestión permítenos asegurar ás empresas que se interesen por este servizo que, en todo o relativo a prezos, as nosas tarifas son significativamente atractivas. Se lles interesa calquera dos nosos contidos ou encargarnos outros que vostedes precisen, seguramente nos imos poñer de acordo en condicións moi favorables para a súa empresa. Todo é cuestión de conversar sobre o tema.

Se desexa máis información sobre a Factoría de Contidos de CIMO,
contacte ca Área de Contidos a través do e-mail

info@cimoemprego.com


"Subir"

OUTRAS ACTIVIDADES

CIMO colabora co Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia no subministro diario de ofertas de traballo a todas as Unidades de Atención. Tamén remite a ditas unidades dossiers semanais con ampla información sobre convocatorias de bolsas e axudas, cursos e emprego público para todo o territorio español.

Xunto á Universidade de Vigo e a Expourense, CIMO foi entidade organizadora da primeira edición de FOROEMPREGO, Salón do Emprego, os Emprendedores e a Franquía, que se celebrou con todo éxito na cidade de Ourense os días 17 e 18 de outubro de 2003. Esta cita polo emprego, que naceu con vocación de permanencia, ten como característica primordial o encontro directo entre empresarios e demandantes. Teñen cabida no Salón xornadas técnicas onde se analiza a situación do mercado laboral, o papel da formación e outros temas relacionados. Ademais, lévanse a cabo distintas actividades relacionadas coa cultura emprendedora, a creación de empresas e o sistema de comercialización baseado na franquía. En FOROEMPREGO 2003, 69 empresas ofreceron nos seus stands 370 postos de traballo dos máis variados perfís. Máis de 14.000 demandantes de toda Galicia puideron entrevistarse cos representantes das empresas e deixárllelos seus currículos, establecéndose un contacto directo de mutuo interese. A entidade CIMO exerceu unha importante labor de captación de ofertas para o evento e foi a responsable da Organización de Sala. No seu stand, os asistentes recibiron unha detallada información sobre as ofertas dispoñibles e puideron elaborar moitos dos currículos que se presentaron ás empresas. Relevantes institucións apoiaron o Salón e colaboraron activamente con el. Entre elas, a Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, o xornal La Región, a Cámara de Comercio e Industria de Ourense, a Confederación Empresarial de Ourense, IGAPE, SOGARPO, INEM, INORDE, ICO, Concello de Ourense, Caixanova e Caixa Galicia.

CIMO colabora co Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, que se celebra en novembro de cada ano.


"Subir"

CONTÁCTENOS

PARA CALQUERA OUTRA INFORMACIÓN SOBRE OS NOSOS SERVIZOS

non dubide en chamarnos ao 988 39 15 15

ou ben escribirnos ao noso enderezo postal: Apartado de Correos 309, 32080 Ourense

ou ao noso correo electrónico info@cimoemprego.com


Agardamos serlle útiles.


"Subir"


CIMO
Entidade declarada de Utilidade Pública


CIMOEMPREGO está xestionado por CIMO, Entidade declarada de Utilidade Pública. © Dereitos reservados