Está en: CIMOEMPREGO > Máis Opcións > Sala de Prensa Portada   
   Sala de prensa  
 
   Un saúdo a todos os medios de comunicación interesados en informar sobre CIMO.
Neste apartado poderán atopar materiais que facilitarán o seu traballo.
Estamos á súa disposición para proporcionarlles calquera dato adicional que requiran.

SE O SEU MEDIO DE COMUNICACIÓN DESEXA PUBLICAR GRATUITAMENTE AS OFERTAS DE TRABALLO DE CIMOEMPREGO, contacte con CIMO.
Máis información premendo
aquí.

A denominación da nosa entidade deixou de ser "CIMO, Centro de Iniciativas para a Mocidade". Pasamos a chamarnos soamente "CIMO". Agradecemos ter en conta este cambio.

Área de Comunicación e Contidos
info@cimoemprego.com


   ÍNDICE

Notas de prensa

¿Quen somos?

CIMO 1994-2004: Dez anos de iniciativa
                                  Dez anos traballando para que traballes


Logos de CIMO

Galería de imaxes


NOTAS DE PRENSA
En Ourense, a 31 de Xullo do 2008
CIMO EN AGOSTO 2008
CIMO, Entidade Galega Declarada de Utilidade Pública, informa que dende o 01 ao 15 de agosto manterá as súas sedes pechadas ao público, polo que en dito período non ofrecerá os servizos que habitualmente se brindan aos usuarios que acoden á súa sede na rúa Curros Enríquez, Rotonda.

Durante ese período os demandantes de emprego e os empresarios que precisen contratar persoal poderán acceder aos servizos, que de xeito gratuíto lles ofrece CIMO, a través de www.cimoemprego.com, O Portal Galego do Emprego.

Os demandantes de emprego poderán inscribirse en CIMO seguindo as indicacións que aparecen nas opcións “ Rexístrese” e “Currículo”. Unha vez recibidos os seus datos, CIMOEMPREGO asignaralle a cada demandante un Xestor Persoal que titorizará o seu Currículo. A partires de ese intre poderán entrar nos procesos de selección de persoal que se axusten ao seu perfil e, deste xeito, estar dispoñibles para ser elixidos polos empresarios que soliciten empregados a CIMO.

Para quen desexe consultar a Bolsa de Emprego de CIMO, a maior de toda Galicia, a web ofrece a posibilidade de facelo a través do “Buscador de Ofertas”, que se atopa a disposición de todos os interesados, estean ou non inscritos en CIMO. Un rápido sistema de busca que permite elixir seguindo varios parámetros.


Os empresarios poden abrir vía Internet as súas ofertas de traballo, premendo no menú da web a opción “Solicite Empregados”. Alí deberán encher os campos do formulario que aparecen, especificando as características do posto ofrecido e os requisitos que deberán cumprir os candidatos.


CIMO volverá a prestar os seus servizos, con plena normalidade, a partires do 18 de agosto, no seu horario habitual, de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas.
"Subir"
En Ourense, a 14 de xullo do 2008
AS ENTIDADES CIMO E FUNDACIÓN JUANSOÑADOR ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA PROPORCIONAR UN SERVIZO DE ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO EN MATERIA DE EMPREGO A PERSOAS INMIGRANTES.
Cimo e Fundación JuanSoñador asinan un convenio de colaboración co fin de complementar servizos e prestar asistencia ao colectivo de persoas inmigrantes no ámbito da inserción socio-laboral.

Fundación JuanSoñador é unha iniciativa social sen ánimo de lucro con afán de dar respostas sociais e educativas a colectivos que se atopan en situación de risco e exclusión social.
CIMO é unha Organización non Gobernamental sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, que ten entre os seus fins o de promover o emprego, o autoemprego, a colocación, a formación, a iniciativa empresarial, a economía social e o desenvolvemento comunitario.

O obxecto deste convenio de colaboración é contribuir á mellora da inserción do colectivo a través dun programa específico no que colaborarán as dúas entidades ofrecendo información , asesoramento individualizado, orientación laboral e accións formativas específicas.

Con esta linea de colaboración entre CIMO e Fundación JuanSoñador preténdese contribuir á integración das persoas inmigrantes ofrecéndolles os recursos precisos para acadar un emprego e en definitiva, mellorar a súa calidade de vida.
"Subir"
En Ourense, a 19 de xuño do 2008
AS ENTIDADES CIMO E ATOX ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CO OBXECTO DE TRABALLAR CONXUNTAMENTE EN FAVOR DA INSERCIÓN SOCIO-LABORAL DAS PERSOAS ADICTAS.
A ASOCIACIÓN ORENSANA DE AYUDA AL TOXICÓMANO (ATOX) e CIMO , ambas entidades declaradas de utilidade pública, asinan un convenio de colaboración co fin de ampliar os servizos prestados e traballar a favor da inserción socio-laboral das persoas con problemas de adicción.

ATOX é un programa asistencial, libre de drogas, dirixido á rehabilitación e reinserción social de persoas con problemas de adicción co obxectivo de conseguir unha plena reintegración socio-laboral e familiar dos usuarios e usuarias.

CIMO é unha Organización non Gobernamental sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, que ten entre os seus fins o de promover o emprego, o autoemprego, a colocación, a formación, a iniciativa empresarial, a economía social e o desenvolvemento comunitario.

O obxecto deste convenio de colaboración é contribuír á mellora da inserción do colectivo a través dun programa específico no que colaborarán as dúas entidades ofrecendo información , asesoramento individualizado, orientación laboral e accións formativas específicas.


Con esta liña de colaboración entre CIMO e ATOX preténdese contribuír á integración das persoas con problemas de adicción ofrecéndolles os recursos precisos para acadar un emprego e en definitiva, mellorar a súa calidade de vida e axudar á súa reinserción na sociedade.
"Subir"
En Ourense, a 03 de xuño do 2008
DEZANOVE PROXECTOS EMPRESARIAIS PARTICIPAN NO SEMINARIO DE PLANIFICACIÓN EMPRESARIAL
Este martes, 3 de Xuño comeza no Centro Cultural da Deputación, un seminario de Planificación Empresarial, organizado por CIMO e impartido por especialistas do Igape e de Bic Galicia. Tras superar a entrevista inicial de avaliación, foron seleccionados un total de dezanove proxectos empresariais de emprendedores aos que se lles explicará ó longo de sete sesións , os conceptos necesarios para planificar o traballo de enfrontarse ao plan de empresa, como ferramenta indispensable para lograr o éxito dunha idea empresarial. Paralelamente ás clases , os alumnos contarán coa axuda personalizada dun titor que prestará o asesoramento necesario para contrastar a viabilidade económico financeira do proxecto.

Este seminario forma parte das actividades de asesoramento gratuíto que ofrece a Área de Autoemprego de CIMO ás persoas que desexen levar á práctica os seus proxectos empresariais.

MAIS INFO : ÁREA DE AUTOEMPREGO DE CIMO – 988 391515
"Subir"
En Ourense, a 22 de Maio do 2008
CIMO ASESORA E TRAMITA GRATUITAMENTE AS NOVAS AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS
CIMO, a través do seu Departamento de Autoemprego, informa e tramita GRATUITAMENTE todas as subvencións e axudas posibles para a posta en marcha dun proxecto empresarial.
A Xunta de Galicia a través da súa Consellería de Traballo, publicou no DOGA as subvencións para a promoción do emprego autónomo, así como o programa de Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT´S) , co obxectivo de estimular a creación de novas empresas durante o ano 2008.

Promoción do Emprego Autónomo: esta subvención pódena solicitar os desempregados inscritos coma demandantes de emprego que se constitúan como empresarios e que poderán optar a unha axuda a fondo perdido por inicio de actividade de ata 10.000 €, un préstamo subvencionado de ata 3.000€, axuda por asistencia técnica de ata 1.000€, subvención para formación de ata un máximo de 3.000€, e unha axuda excepcional, cunha contía mínima de 2.400€ e ata un máximo de 3.600€, segundo o colectivo ao que se pertenza.

Programa de Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT´S): pódena solicitar as empresas previamente calificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica e inscritas no rexistro administrativo habilitado para o efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego. Estas empresas optarán a diversas axudas: creación de emprego estable, ata 6.300€ por posto de traballo creado, para a contratación de persoal experto técnico de alta cualificación con límite de 35.000€, apoio á función xerencial cun importe máximo de 12.000€, unha subvención financeira de ata 6.300€ por emprego estable creado e finalmente unha axuda para o inicio e posta en marcha da actividade cunha contía distinta en función do número de postos de traballo creado pero que pode chegar a 54.000€.

Asemade, a Consellería de Traballo tamén publicou subvencións para a contratación de traballadores por conta allea, entre as que caben destacar os seguintes programas:

Incentivos á contratación por conta allea de persoas traballadoras pertencentes a colectivos en risco de exclusión social, Incentivos á contratación dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, fomento da contratación en prácticas de mozos e mozas con titulacións de difícil empregabilidade, programa de fomento da contratación de persoas mozas para a substitución de traballadores que finalizan a vida laboral, Programa de fomento da contratación indefinida inicial de mozos e mozas desempregadas/os, Programa para o fomento da estabilidade no emprego,...
Estas subvencións oscilan entre un importe mínimo de 1.000€ e un importe máximo de 7.500€, segundo o programa no que se inclúa.

Os emprendedores e emprendedoras que queiran maior información sobre estas ou outras subvencións e as persoas que teñan unha idea empresarial, poden acudir en busca de información e apoio á Área de Autoemprego de CIMO, onde recibirán un asesoramento personalizado e gratuíto caracterizado pola súa profesionalidade e experiencia avalada con máis de trece anos de traballo no ámbito do fomento do emprego e do autoemprego.
"Subir"
En Ourense, a 14 de febreiro do 2008
MÁIS DE 100 NOVAS EMPRESAS NACIDAS EN CIMO NO 2007
Como cada ano, CIMO da a coñecer os datos referentes á creación de empresas nacidas co apoio da entidade, resultando no ano 2007 un total de 325 proxectos de emprendedores asesorados na Área de Autoemprego, que tanto de xeito individual como en grupo, pretenderon desenvolver unha iniciativa empresarial e que demandaron información sobre múltiples aspectos relacionados coa creación da empresa, tales como o acceso ás diversas axudas e subvencións, asesoramento para o deseño do proxecto empresarial, elaboración do plan de empresa e a súa proxección real, información sobre a viabilidade da empresa, trámites de constitución, elementos e fontes de financiamento, definición das inversións e ponderación de gastos, etc... Destacar que froito deste servizo constituíronse ao longo do ano 102 novas empresas. A maiores cabe destacar outros proxectos que aínda se atopan en fase de estudio e que se consolidarán no 2008.

Entre os programas realizados pola Área de Autoemprego de CIMO destacou o levado a cabo durante o segundo semestre de 2007, tratouse dun programa de asesoramento para a mellora da empregabillidade no marco do proxecto europeo CALIOPE que consistiu na asistencia, asesoramento, e acompañamento a empresas formadas por mulleres e distribuídas por toda a comunidade autónoma.

Tivo como finalidade apoiar as empresas xestionadas por mulleres para que puidesen optimizar os resultados dos seus negocios e así conseguir un mellor funcionamento e desenvolvemento empresarial. O programa prestou servizos de asesoramento e acompañamento en distintos ámbitos da actividade empresarial e en concreto nos referidos á xestión empresarial e comercial, xestión contable, fiscal e de recursos humans, busca de financiamento, técnicas de marketing, relacións exteriores e formación en novas tecnoloxías. O balance realizado polas empresas beneficiarias sobre o Proxecto Calíope foi moi positivo, as empresarias resaltaron tanto a utilidade do asesoramento recibido como o feito de que se lles tramitasen os asuntos legais, laborais e fiscais.

Desta maneira, a Área de Autoemprego de CIMO segue a consolidarse como unha das máis dinámicas da entidade desenvolvendo múltiples e específicos programas co obxectivo de dinamizar a economía e promocionar o ámbito empresarial, acercando a iniciativa emprendedora á xuventude como vía de acceso ao mundo laboral e apoiando as iniciativas de xeración de novas empresas.

"Subir"
En Ourense, a 26 de Novembro do 2007
PROXECTO “TEATRO SOCIAL” DE CIMO
O próximo venres 30 de novembro ás 12’30 horas terá lugar no salón de actos do IES Blanco Amor a presentación da actividade “Teatro Social” que coordina CIMO en colaboración co Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.

“Teatro social” consiste na creación dun grupo de teatro formado por internos do centro penitenciario, que coordinado por CIMO organizará unha actividade cun claro obxectivo social, a sensibilización fronte a problemáticas que afectan á sociedade. Nesta primeira fase a actividade vaise realizar en diferentes institutos da cidade, sendo o primeiro o xa mencionado, e consistirá nunha breve representación teatral de 20 minutos de duración e un debate posterior no que participarán os internos e os alumnos.

“Sempre hai alternativas” é o título co que se bautizou a obra que representarán e que aborda o mundo das drogas en forma de metáfora, co fin de facer reflexionar e sensibilizar aos mozos e mozas de entre 14 e 18 anos, que forman o principal colectivo de risco.


CONVOCATORIA

DIA: venres 30 de novembro
HORA: 12’30 (duración estimada da actividade 1 hora)
LUGAR: Salón de actos do IES Blanco Amor
"Subir"
En Ourense, a 26 Outubro do 2007
AS ENTIDADES CIMO E GALICIA TERRA DE ACOLLIDA ASINAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA POR EN MARCHA UN NOVO SERVIZO DE ATENCIÓN A PERSOAS INMIGRANTES.
Cimo e Galicia Terra de acollida asinan un convenio de colaboración co fin de complementar servizos e prestar asistencia ao colectivo de persoas inmigrantes e aos seus familiares no ámbito da inserción socio-laboral.

Galicia Terra de Acollida é unha Organización non Gobernamental sen ánimo de lucro que presta asistencia ao colectivo de persoas inmigrantes e aos seus familiares en áreas de ocio e tempo libre, apoio escolar e inserción laboral.
CIMO é unha Organización non Gobernamental sen ánimo de lucro, declarada de utilidade pública, que ten entre os seus fins o de promover o emprego, o autoemprego, a colocación, a formación, a iniciativa empresarial, a economía social e o desenvolvemento comunitario.

O obxecto deste convenio de colaboración é contribuir á mellora da inserción do colectivo a través dun programa específico no que colaborarán as dúas entidades ofrecendo información , asesoramento individualizado, orientación laboral e accións formativas específicas.


Con esta linea de colaboración entre CIMO e Galicia Terra de Acollida pretendese contribuir á integración das persoas inmigrantes ofrecéndolles os recursos precisos para acadar un emprego e en definitiva, mellorar a súa calidade de vida.
"Subir"
En Ourense, a 02 de Agosto do 2007
CIMO EN AGOSTO
CIMO, Entidade Galega Declarada de Utilidade Pública, informa que dende o 6 ao 19 de agosto manterá as súas sedes pechadas ao público, polo que en dito período non ofrecerá os servizos que habitualmente se brindan aos usuarios que acoden á súa sede na rúa Curros Enríquez, Rotonda.

Durante ese período os demandantes de emprego e os empresarios que precisen contratar persoal poderán acceder aos servizos, que de xeito gratuíto lles ofrece CIMO, a través de www.cimoemprego.com, O Portal Galego do Emprego.

Os demandantes de emprego poderán inscribirse en CIMO seguindo as indicacións que aparecen nas opcións “ Rexístrese” e “Currículo”. Unha vez recibidos os seus datos, CIMOEMPREGO asignaralle a cada demandante un Xestor Persoal que titorizará o seu Currículo. A partires de ese intre poderán entrar nos procesos de selección de persoal que se axusten ao seu perfil e, deste xeito, estar dispoñibles para ser elixidos polos empresarios que soliciten empregados a CIMO.

Para quen desexe consultar a Bolsa de Emprego de CIMO, a maior de toda Galicia, a web ofrece a posibilidade de facelo a través do “Buscador de Ofertas”, que se atopa a disposición de todos os interesados, estean ou non inscritos en CIMO. Un rápido sistema de busca que permite elixir seguindo varios parámetros.


Os empresarios poden abrir vía Internet as súas ofertas de traballo, premendo no menú da web a opción “Solicite Empregados”. Alí deberán encher os campos do formulario que aparecen, especificando as características do posto ofrecido e os requisitos que deberán cumprir os candidatos.


CIMO volverá a prestar os seus servizos, con plena normalidade, a partires do 20 de agosto, no seu horario habitual, de luns a venres de 8:00 a 14:00 horas.
"Subir"
En Ourense, a 21 de Xuño do 2007
PROGRAMA DE CIMO EN EL CENTRO PENITENCIARIO
En el día de hoy se celebró la entrega de diplomas a las alumnas que durante varios meses participaron en el curso de “Atención a Personas Dependientes” organizado por CIMO en el Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar y financiado por el Servizo Galego de Igualdade. Para dicho acto se contó con la presencia del Ilmo. Sr. Delegado Provincial de Igualdade, D. Xosé Francisco Ferreiro Abelleira.
El curso se ha desarrollado en el módulo de mujeres y han participado un total de 17 internas, de las cuales han concluido 16 y en él se las ha formado en materias tales como nutrición, atención sanitaria, organización de las tareas del hogar, etc. Cabe destacar también la colaboración con CIMO de las asociaciones ourensanas Aixiña, Meniños, Asociación contra el Cáncer, asociación As Burgas, Morea y Down Orense, que participaron en el desarrollo del mismo impartiendo charlas sobre sus colectivos de atención.

El mencionado curso es una de las múltiples acciones que la entidad ourensana CIMO ejecuta dentro de su programa de intervención con reclusos, denominado “Programa Salida”, que consta de dos ámbitos de actuación bien diferenciados, como son, la reinserción sociolaboral y el Proyecto Crea de animación sociocultural.
Para el desarrollo de este programa ha sido fundamental la colaboración entre la ONG CIMO y el propio Centro Penitenciario, colaboración que se remonta al año 1997 cuando se limitaba a actividades puntuales relacionadas con empleo; siendo en el 2004 cuando se comenzó a trabajar de manera permanente en las áreas mencionadas.
En el módulo de mujeres, protagonista del acto celebrado, se trabajan entre otros aspectos, la motivación y autoestima y las habilidades sociales con el fin de mejorar su situación personal dentro del centro y su posterior reinserción social.

En lo que se refiere a empleo, el proyecto estrella ha sido el “Club de empleo” que consiste en la atención a reclusos y reclusas que se encuentran en situación de 2º y 3º grado. Con este grupo se organizan diferentes talleres enfocados a mejorar su capacidad para afrontar la reinserción laboral.

En CIMO se tiene muy en cuenta la situación que viven los reclusos cuando progresan a 3º grado o cumplen la condena, en este segundo momento sobre todo se convierten de nuevo en ciudadanos que tendrán que hacer una vida normal y no siempre encuentran apoyos, por eso es vital el trabajo que se pueda hacer previamente con ellos de cara a mejorar sus habilidades sociales que puedan contribuir a una mejor reinserción sociolaboral.

Además del empleo, el ocio también supone un aspecto importante a trabajar con el colectivo. Desde CIMO se considera que la reinserción social se puede conseguir de muchas formas y una de ellas es a través de la cultura. Por esta razón, se está apostando por el acercamiento de los internos del Centro Penitenciario a la cultura a través del proyecto CREA. En estos tres años de vida del proyecto se han desarrollado talleres tan variados y originales como escritura creativa, apreciación musical y cine (con la grabación de un cortometraje). En la actualidad están ejecutando un nuevo taller de actividades, en este caso, de animación a la lectura, pero con la peculiaridad de que tendrán que preparar la adaptación del libro leído a un guión teatral y finalmente representarlo. Estos talleres resultan muy positivos y han logrado resultados sorprendentes en lo que se refiere a la adquisición de hábitos de trabajo, implicación, solidaridad y trabajo en equipo.

Dentro de este proyecto también se engloba la creación de un grupo de teatro permanente, que se presentó en días pasados en el centro hospitalario. Esta iniciativa tiene un doble componente social, por un lado están los reclusos que se convierten en actores y por otra está el tipo de público elegido, la primera representación se ha dirigido a niños ingresados en el hospital, las próximas serán para otros colectivos de niños y adolescentes, personas mayores o personas con discapacidad. Esta actividad fu una iniciativa que el propio Director del centro penitenciario propuso a CIMO.


Este programa es una realidad gracias al esfuerzo de la propia entidad y de los colaboradores desinteresados, personas de diferentes campos profesionales o estudiantes universitarios que a lo largo de estos años han aportado su trabajo y su empeño en cada una de las actividades que se han desarrollado, además y para proyectos más concretos ha contado con el apoyo de la Vicepresidencia de la Xunta de Galicia y anteriormente con los organismos competentes en materia de asuntos sociales, así como de entidades privadas, como fundación Pedro Barrié de la Maza o Caja Madrid.

La reinserción sociolaboral del colectivo es una cuestión de todos y todas, y como tal es necesario romper con el círculo en el que muchas de estas personas se ven envueltas, y así conseguir un menor índice de delincuencia. Cada ex recluso reinsertado en la sociedad es un grado más de seguridad para el resto de ciudadanos y en el camino de su reinserción vale todo tipo de ayuda.

La colaboración de la sociedad civil es fundamental en este tipo de actuaciones, por ello, CIMO mantiene siempre abierta la posibilidad de que personas voluntarias colaboren en esta tarea.
"Subir"
Nota de prensa, 07 de xuño do 2007
ULTIMAS PLAZAS PARA A INSCRIPCIÓN GRATUITA NO “ENCONTRO EUROPEO DE ENTIDADES POLO CAMBIO SOCIAL”
Ademais dos participantes de ámbito nacional e internacional que estarán presentes no encontro tamén poderán participar un número reducido de asistentes que ainda poden inscribirse en CIMO aproveitando as últimas prazas libres.
O encontro vai dirixido a entidades non lucrativas e tamén a persoas interesadas en desenvolver o seu futuro profesional no terceiro sector.

Baixo o título "Encontro Europeo de entidades polo cambio social ", a cidade de Ourense acollerá do 11 ao 15 de Xuño un encontro organizado por CIMO que abordará o papel que xogan as ENL (Entidades Non Lucrativas) en materias como o asociacionismo xuvenil, a sustentabilidade das ENL, a innovación para o cambio social, emancipación xuvenil, atención a mozos e mozas en materia de emprego, etc.

As ponencias serán presentadas por un lado por representantes das administracións públicas máis destacadas na materia como a Secretaria de Relacións Exteriores e a Fundación Galicia Europa (Bruselas) asi como o Instituto de la Juventud - Injuve (Ministerio de Trabajo) . Por outro lado tamén participarán algunhas das ENL máis destacadas na materia como Red Araña (Tejido de entidades nacionales por el empleo) , Red Emplealia (Asociación española de entidades para la formacion y el empleo), Ashoka (EE.UU.) , Valnalon (Asturias), Fundación Ronsel (A Coruña), Eslabon (Madrid), Ciade (Madrid), Gaztelan (Pais Vasco), Asociación Arsis (Barcelona), Asociación Semilla (Madrid), Fundación Lesmes (Burgos), Afids (Canarias), Toni Puig (Barcelona) e Cimo.
Tamén asistirán representantes de entidades doutros países europeos como Polonia, Rumania, Eslovaquia, Portugal, Estonia, Italia, e Bélxica, co propósito de ampliar as relacións entre o tecido de asociacións que dan servizos en materia de emprego e emancipación xuvenil.

Coa organización destas Xornadas CIMO pretende que as entidades participantes compartan experiencias e poidan levar a cabo actividades que melloren o servizo que prestan aos seus usuarios e usuarias.

– ULTIMAS PRAZAS -
Lugar de celebración: Residencia Florentino Cuevillas
Rúa Arturo Pérez Serantes 2
INSCRIPCIÓN GRATUÍTA
PRAZAS LIMITADAS

Para máis información e incripcións contactar con CIMO:

cimo@cimo.org
Tel. 988 39 15 15
"Subir"
Nota de prensa, 29 de maio do 2007
CIMO REUNE EN OURENSE A ENTIDADES DE TODA EUROPA.
O encontro celebrarase durante cinco dias do 11 ao 15 de Xuño e contará coa presenza de diversas entidades europeas e nacionais de características similares a CIMO.


Baixo o título "Encontro Europeo de entidades polo cambio social ", a cidade de Ourense acollerá do 11 ao 15 de Xuño un encontro organizado por CIMO que abordará o papel que xogan as ENL (Entidades Non Lucrativas) en materias como o asociacionismo xuvenil, innovación para o cambio social, emancipación xuvenil, atención a mozos e mozas en materia de emprego, etc.

As ponencias serán presentadas por un lado por representantes das administracións públicas máis destacadas na materia como a Secretaria de Relacións Exteriores e a Fundación Galicia Europa (Bruselas) asi como o Instituto de la Juventud - Injuve (Ministerio de Trabajo) . Por outro lado tamén participarán algunhas das ENL máis destacadas na materia como Red Araña (Tejido de entidades nacionales por el empleo) , Red Emplealia (Asociación española de entidades para la formacion y el empleo), Ashoka (EE.UU.) , Valnalon (Asturias), Fundación Ronsel (A Coruña), Eslabon (Madrid), Ciade (Madrid), Gaztelan (Pais Vasco), Asociación Arsis (Barcelona), Asociación Semilla (Madrid), Fundación Lesmes (Burgos), Afids (Canarias), Toni Puig (Barcelona) e Cimo.
Tamén asistirán representantes de entidades doutros países europeos como Polonia, Rumania, Eslovaquia, Portugal, Estonia, Italia, e Bélxica, co propósito de ampliar as relacións entre o tecido de asociacións que dan servizos en materia de emprego e emancipación xuvenil.

Coa organización destas Xornadas CIMO pretende que as entidades participantes compartan experiencias e poidan levar a cabo actividades que melloren o servizo que prestan aos seus usuarios e usuarias.

Para máis información contactar con CIMO:

webmaster@cimoemprego.com
Tel. 988 39 15 15
"Subir"
Nota de prensa, 23 de maio do 2007
UN GRUPO DE MOZ@S EMPRENDEDORES OURENSANS PARTICIPAN NO OBRADOIRO DE XERACIÓN
E MADURACIÓN DE IDEAS EMPRESARIAIS
Organizado por CIMO, en colaboración có IGAPE, BIC GALICIA e o Centro Cultural da Diputación.

Este mércores 23 de Maio, terá lugar o comezo do Obradoiro de Xeración e Maduración de Ideas, organizado por CIMO e impartido por especialistas do IGAPE e BIC GALICIA, o cal asistirán un grupo de 19 emprendedores ourensans. O Obradoiro permitiralles xerar ideas empresariais, determinar a súa pre-viabilidade e finalmente evaluar as ideas e analizar as posibilidades de converterse en proxectos empresariais.

Dito obradoiro celebrarase durante os días 23, 28 de maio e 5 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas no Centro Cultural da Deputación. Este obradoiro é unha ferramenta de formación que consta de tres sesións non consecutivas de traballo nas que se comezará descubrindo 34 fontes de idea para xerar ideas de empresa, para despois auto analizalas e o remate determinar a súa previabilidade.

O seminario forma parte do traballo de asesoramenteo que ofrece a Área de Autoemprego de CIMO, de modo totalmente gratuíto, a aquelas persoas con inquietudes empresariais que estean pensando en crear o seu propio negocio.
"Subir"
Nota de prensa, 12 de abril 2007
CIMO recibe a visita do Director Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia.
Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude e Solidariedade e Alexandre Sánchez Vidal mantiveron un encontro na sede de CIMO con mozos e mozas emprendedores. Ambos elixiron CIMO debido ao gran número de Proxectos de autoemprego que xestiona unha entidade de Ourense, presentando cifras record entre as entidades que se adican á promoción do autoemprego en Galicia.

Neste encontro ambos responsables políticos tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento do Departamento de autoemprego de CIMO e saber da experiencia de varios mozos e mozas emprendedoras que puxeron en marcha os seus Proxectos recentemente coa axuda da entidade ourensa.

CIMO conta cunha amplia experiencia no ámbito do fomento do autoemprego e a cultura emprendedora atendendo cada ano a centos de persoas que acuden a asesorarse e informarse dos trámites necesarios para por en marcha a súa su idea empresarial. Dende CIMO ofreceselle a todos eles e elas un servizo totalmente gratuito no que se estudia dende a viabilidade do proxecto ata as posibles vias de financiación.

No transcurso da xuntanza, CIMO deulles a coñecer os datos correspondentes ao pasado ano 2006 en relación ao servizo que presta en materia de asesoramento en autoemprego correspondendose éstes con un total de máis de 500 persoas que solicitaron o servizo sendo casi 400 os proxectos que foron atendidos polos técnicos da entidade, dos cais un
25 % fructificaron chegando a constituirse cerca de 100 novas empresas ate o momento, cifra record entre as entidades que se adican á promoción de autoemprego en Galicia, aínda que poderían ser máis debido a que moitos deles están aínda en fase de estudo.

Sendo conscientes do importante volume de mozos e mozas que solicitaron asesoramento en materia de autoemprego a CIMO, é preciso planificar medidas incentivadoras para fomentar a creación de empresas que por un lado contribuen a facer crecer o tecido empresarial de Galicia e por outro actuan como instrumento para a creación de postos de traballo.

O obxectivo da xuntanza é por en común distintas experiencias de autoemprego con mozos e mozas que optaron pola creación de empresas como saída laboral e falar das posibles medidas incentivadoras para difundir a cultura emprendedora entre a xente nova por parte da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.


O servizo que se ofrece en CIMO aos emprendedores e emprendedoras comprende un amplio abanico de posibilidades que van dende a fase inicial de estudo da viabilidade e posibilidades de éxito do negocio ata a posta en marcha da iniciativa empresarial tramitando todo tipo de xestións e solicitudes ante os organismos pertinentes.
"Subir"
Nota de prensa, 13 de Marzo 2007.
CIMO ASESORA E TRAMITA GRATUITAMENTE ESTAS AXUDAS E SUBVENCIÓNS.
A Xunta de Galicia a través da súa Consellería de Traballo, publicou recentemente no DOGA as axudas para autónomos e sociedades limitadas, co obxectivo de estimular a creación de novas empresas durante o ano 2007.

Existen tamén importantes subvencións para proxectos empresariais innovadores previamente calificados como iniciativas locais de emprego ou iniciativas de emprego rurais.

CIMO, a través do seu Departamento de Autoemprego, informa e tramita GRATUITAMENTE todas as subvencións e axudas posibles para a posta en marcha dun proxecto empresarial.

Da recente convocatoria de axudas para a constitución de novas empresas destacamos as seguintes:

Promoción do Emprego Autónomo e Sociedades Limitadas: esta subvención pódena solicitar as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego que se constitúan como empresarios ou empresarias e que poderán optar a un préstamo subvencionado de ata 3000€, unha axuda a fondo perdido por inicio de actividade de ata 3000€ e unha axuda excepcional, cunha contía mínima de 2400€ e ata un máximo de 3600€, segundo o colectivo ao que se pertenza.

Iniciativas de Emprego Local ou Rural (ILES ou IER): a esta subvención poden optar empresas privadas calquera que sexa a súa forma xurídica, cuio proxecto este previamente calificado como iniciativa de emprego local ou rural e comprende dende unha subvención financeira de ata 5.100€, unha axuda para o inicio da posta en marcha da actividade que se determinará en función dos postos de traballo creados de ata 6.000€ por persoa podendo alcanzar os 9.000€ se o posto é ocupado por un mozo ou moza menor de 30 anos ou por unha muller independentemente da súa idade, axudas para a creación de emprego estable de 4.800€ por posto de traballo e axudas para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación e persoal para labores de apoio de funcións xerenciais que chegan a subvencionar hasta un 75% do custo laboral dunha persoa.

Todas as persoas que estén pensando en montar a súa propia empresa poden informarse sobre estas e outras axudas en CIMO, donde tamén recibirán un completo asesoramento para a posta en marcha do seu negocio.
CIMO conta cunha amplia experiencia en materia de autoemprego asesorando o pasado ano máis de 400 proxectos de autoemprego chegando a constituirse como empresas un 25% dos proxectos asesorados baixo a tutorización de técnicos de CIMO especializados na materia .
"Subir"
Nota de prensa, 28 de febreiro 2007
CIMO y “La Caixa” firman convenio para fomentar la creación de empresas en Ourense
El nuevo convenio facilitará operaciones de préstamo a personas con dificultades en el empleo y favorecerá la creación de proyectos de autoempleo atendidos en CIMO.


“La Caixa” y CIMO han firmado un acuerdo de colaboración para la financiación de microcréditos. El acuerdo firmado facilitará las operaciones de préstamo de pequeñas cantidades, dirigidas a personas con dificultades para acceder al sistema tradicional de crédito. Asimismo, apoyará y fomentará la creación de proyectos innovadores de personas con carácter emprendedor que sean atendidas en CIMO.

El nuevo convenio facilitará operaciones de préstamo a personas que teniendo un proyecto empresarial viable y con posibilidades de éxito tienen dificultades para ponerlo en marcha por no disponer de recursos económicos.
A partir de ahora, los futuros emprendedores y emprendedoras que acudan a CIMO contarán con el asesoramiento y la experiencia de esta entidad para poner en marcha su negocio y el apoyo de La Caixa para que se convierta en realidad.


Hasta ahora, “la Caixa” ha constituido 489 operaciones de créditos en Galicia, por un importe de 9.146.733 euros, sobre un total de 2.130 microcréditos concedidos en España por valor de 29.929.020 euros.

Por otro lado, CIMO ha orientado y asesorado durante el pasado año más de 400 proyectos de emprendedores llegando a constituírse cerca de 100 nuevas empresas, cifra record entre las entidades que se dedican a la promoción del autoempleo de toda Galicia .

Los microcréditos son préstamos que no requieren de las garantías y avales necesarios para acceder a los créditos del sistema financiero tradicional y se conceden bajo la tutela de diversas entidades sociales. El importe máximo de un microcrédito es de 15.000 euros y su plazo de reembolso es de cuatro años.


Para dar respuesta a las necesidades de la sociedad actual, “la Caixa” comenzó a desarrollar el Programa de Microcréditos Sociales en julio del año 2000, y desde entonces se ha consolidado como la entidad privada que más recursos destina a la promoción de las microfinanzas en España con más de 29 millones de euros invertidos.

La Obra Social “la Caixa” cuenta con una larga trayectoria en la concesión de microcréditos y participa desde hace años en diversos programas de microcréditos como por ejemplo los promovidos por el Instituto de la Mujer (Ministerio de Trabajo) y la Dirección General de la PYME (Ministerio de Economía) que incluyen FIDEM (Fundación Internacional de la Mujer Emprendedora), OMEGA (Organización de Mujeres Empresarias y Gerencia Activa), FEMENP (Federación de Mujeres Empresarias, de Negocios y Profesionales), UATAE (Unión de Asociaciones de Trabajadoras Autónomas y Emprendedoras), el Banco Mundial de la Mujer, la Fundación Mujeres y la Federación de Mujeres Progresistas.

En la misma linea, CIMO también cuenta con una amplia experiencia en el ámbito de fomento del autoempleo y la cultura emprendedora atendiendo cada año a cientos de personas que acuden a asesorarse e informarse de los trámites necesarios para poner en marcha su idea empresarial. Desde CIMO se les ofrece a todos ellos y ellas un servicio totalmente gratuito en el que se estudia la viabilidad del proyecto y las posibles vias de financiación entre las que estará a partir de hoy el Programa de Microcréditos Sociales de “la Caixa”.

Nuevo impulso del programa de microcréditos de “la Caixa”

Las nuevas iniciativas contra la pobreza se complementarán con los programas sociales de la Obra Social de “la Caixa” (vivienda asequible, juventud, dependencia, cooperación internacional, inmigración, violencia...) que se continuarán ampliando, en línea con el compromiso de la entidad para priorizar la cobertura de necesidades sociales.

En este sentido, las actuaciones sociales supondrán el año 2010 más del 70% del presupuesto de la Obra Social que, a su vez, continuará potenciando sus otros programas (cultura, educación y medio ambiente y ciencia).

El Programa de Microcréditos de “la Caixa” forma parte del conjunto de iniciativas que la entidad reforzará a partir de este nuevo impulso para combatir la pobreza.

El carácter social de los microcréditos viene avalado por el hecho de que más 73% de sus beneficiarios sean mujeres y más del 26% de los microemprendedores sean inmigrantes, dos de los sectores de población con mayores dificultades de acceso al mercado laboral. Cada microcrédito otorgado por “la Caixa” genera, además, una media de 2,5 puestos de trabajo por negocio emprendido.

La apuesta de CIMO

CIMO quiere colaborar con este programa, pudiendo a su vez facilitar el acceso a un préstamo de aquellos emprendedores que recurran a sus servicios para poner en marcha una iniciativa empresarial.

Durante el pasado año 2006 CIMO asesoró en materia de autoempleo a más de 500 personas que solicitaron sus servicios. Casi 400 proyectos atendidos por los técnicos de la entidad, de los cuales un
25 % han fructificado hasta el momento, aunque podrían ser más debido a que muchos de ellos todavía están en las fases iniciales.

El servicio que de modo totalmente gratuito ofrece CIMO en materia de autoempleo a los emprendedores y emprendedoras comprende un amplio abanico de posibilidades que van desde la fase inicial de estudio de la viabilidad y posibilidades de éxito del negocio hasta la puesta en marcha de la iniciativa empresarial tramitando todo tipo de gestiones y solicitudes ante los organismos pertinentes.

Con esta linea de colaboracion entre CIMO y “la caixa” se le brinda la posibilidad de convertir su proyecto en realidad a todos aquellos emprendedores y emprendedoras que después de haber pasado por el servicio de asesoramiento en autoempleo de CIMO y cuyo proyecto se catalogue como viable por los técnicos de la entidad, puedan optar a las ventajas de acceder a un microcrédito de “la caixa” para poner en marcha su negocio.
"Subir"
Nota de prensa, 30 xuño 2006
19 NOVOS EMPRESARIOS PARTICIPAN NUN SEMINARIO DE PLANIFICACIÓN EMPRESARIAL
Organizado por CIMO,
en colaboración co IGAPE
e o Centro Cultural da Diputación


Este luns 3 de Xullo comeza un Seminario de Planificación Empresarial, organizado por CIMO e impartido por especialistas do IGAPE e BIC GALICIA, ao cal asistirán 19 emprendedores que actualmente teñen unha idea empresarial. O seminario ten por obxetivo que os asistentes coñezan os conceptos básicos necesarios para a elaboración do plan de empresa, deseñen e elaboren o mesmo e contrasten a viabilidade de dito plan de empresa.

Este Seminario de Planificación Empresarial, celebrarase no Centro Cultural da Diputación, e extenderase ata o 28 de xullo. Esta acción formativa é unha ferramenta de formación que permitirá estimar o éxito da idea empresarial e que consta de sete sesións de traballo, cuxos puntos principais a tratar son: o análise do mercado, os procesos e a organización interna e a viabilidade económica-financeira. Asemade, contarán coa axuda persoalizada dun tutor que lle prestará asesoramento preciso para a creación do seu negocio, de xeito
que poida comprobar e contrastar que esa idea se pode convertir nun proxeto
viable de empresa.


O Seminario forma parte do traballo de asesoramento gratuito que ofrecen os especialistas da Área de Autoemprego de CIMO, a aquelas persoas que están pensando en constituir unha empresa.
"Subir"
Nota de prensa, 21 abril 2006
CIMO INFORMA, ASESORA E TRAMITA DENDE HOXE IMPORTANTES AXUDAS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS
Recentemente publicadas no DOGA

CIMO, a través do seu departamento de Autoemprego , ven desenvolvendo políticas de promoción económica, asesorando e prestando apoios múltiples para a posta en marcha de novas empresas e implantación de negocios, axudando na tramitación de tódalas subvencións posibles para un proxecto determinado. Todos estes servicios realizados de xeito totalmente GRATUITO constituén un dos pilares básicos das actividades da entidade e contribúen a xerar emprego e riqueza na nosa comunidade. A modo de exemplo, decir que durante o ano 2005 foron asesorados 382 proxectos empresariais, fundamentalmente de xoves emprendedores que acudiron a entidade ourensana. No que vai de ano xa son 85 os proxectos que foron asesorados polos especialistas da Área de Autoemprego.

A Xunta de Galicia a través de dous dos seus departamentos, publicou recentemente no DOGA, axudas e subvencións có obxectivo de estimular a creación de novas empresas, por un lado a través da Consellería de Traballo, convocanse axudas para autónomos e sociedades limitadas, autónomos con discapacidade, Sociedades Limitadas Laborais e Cooperativas e para proxectos previamente calificados como inciativas locais ou rurais de emprego e de base tecnolóxica, e por outro bando, a Vicepresidencia da Igualdade e Benestar, a través da súa área directiva do Servizo Galego de Promoción da Igualdade e do home e da muller, convocou subvencións para mulleres emprendedoras .

* Das posibles axudas da Consellería de Traballo para a constitución de novas empresas destacamos as seguintes:

- Promoción do Emprego Autónomo e Sociedades Limitadas , esta subvención pódena solicitar os desempregados inscritos coma demandantes de emprego que se constitúan como empresarios e que poderán optar a unha axuda a fondo perdido por inicio de actividade de 3.000 euros; un préstamo subvencionado de ata 3000 euros e unha axuda excepcional, cunha contía mínima de 800 e ata un máximo de 3000 euros, segundo o colectivo o que pertenza.

- Sociedades Laborais e Cooperativas: axudas tanto para a adquisición da condición de socio traballador (ata 4.200 euros), como para a incorporación de socios traballadores ( que varía de 5.500 ata 10000 euros, segundo o colectivo o que pertenza), axudas para a contratación de directores ou xerentes ( ata o 50% da contía total da contratación e ata 20000 euros), préstamo subvencionado ( ata 3000 euros por socio traballador) ,subvención para a adquisición de inmobilizado material e inmaterial ( ata 3000 euros por socio traballador) e por último, axuda excepcional para o inicio de actividade ( ata 3.000 euros por socio traballador).

* Polo que se refere as axudas para mulleres emprendedoras do Servizo Galego de Promoción da Igualdade e do home e da muller, están destinadas a mulleres que iniciaron a súa actividade entre o 1 de marzo de 2005 e o 28 de febreiro de 2006.

Poden beneficiarse destas axudas aquelas mulleres que tivese unha antigüidade mínima de tres meses como desempregada antes de iniciar a actividade empresarial e ben se establezcan como autónomas e cren ao menos un posto de traballo por conta allea desempeñado por outra muller, ou ben constitúan unha sociedade composta por dúas ou máis mulleres.

A contía da subvención é de ata 18.000 euros, destinados a colaborar nos gastos de posta en marcha e funcionamento da empresa, como son as primeiras mercadorías, material funxible, aluguer do local e maquinaria, gastos correntes, man de obra empregada,...

"Subir"
Nota de prensa, 15 maio 2006
20 MOZOS EMPRENDEDORES PARTICIPAN NO OBRADOIRO DE XERACIÓN E MADURACIÓN DE IDEAS EMPRESARIAIS
Organizado por CIMO,
en colaboración có IGAPE, BIC GALICIA
e o Centro Cultural da Diputación


Este martes 16 de Maio , terá lugar en horario de 9:00 a 14:00 horas o Obradoiro de Xeración e Maduración de Ideas Empresariais, organizado por CIMO e impartido por especialistas do IGAPE e BIC GALICIA, ó cal asistirán 20 mozos emprendedores que actualmente valoran có apoio da área de Autoemprego de CIMO a posibilidade de crear a súa propia empresa. O obradoiro permitiralles xerar ideas de empresa a partir de fontes de ideas para a súa posterior validación, determinar a súa viabilidade inicial e finalmente valorar as ideas de negocio e analizar as posibilidades de converterse nun proxecto de empresa.

O Obradoiro de Xeración e Maduración de ideas empresariais, que se celebrará no Centro Cultural da Diputación, é unha ferramenta de formación que consta de tres sesións non consecutivas de traballo celebradas o 16, 24 e 30 de maio, nas que se comezará descubrindo fontes de idea para xerar ideas de empresa para rematar coa determinación da súa previabilidade.

Estas xornadas forman parte do traballo de asesoramento que ofrece a Área de Autoemprego de CIMO, de forma totalmente gratuíta, a aquelas persoas con inquietudes empresariais que están pensando crear o seu propio negocio.
"Subir"
Nota de Prensa 23 Maio, 2006
DURANTE O ANO 2005 NACERON 91 EMPRESAS CO APOIO DE CIMO
O DATO FAISE PÚBLICO CO MOTIVO DA CELEBRACIÓN MAÑÁ MARTES DO “DÍA DO EMPRENDEDOR EN GALICIA”.

Co motivo do 23 de Maio, data na que se celebra o Día do Emprendedor en Galicia, CIMO, entidade declarada de Utilidade Pública, fai público o espectacular balance do seu Departamento de Autoemprego o cal convirte á entidade ourensana na entidade galega con maior número de proxectos empresariais xerminados, asesorados e postos en marcha: durante o pasado ano 2005 en CIMO naceron co seu apoio e asesoramento 91 empresas constituidas por emprendedores, fundamentalmente xóvenes, 91 empresas que a día de hoxe seguen todas elas en funcionamento dando os seus primeiros pasos de vida empresarial.

CIMO leva xa doce anos desenvolvendo con especial interese a súa política de apoio ao autoemprego, estimulando a creatividade e a capacidade de innovación dos emprendedores. En CIMO considérase a posta en marcha de novas empresas un factor fundamental da promoción económica.

Durante o ano 2005, os especialistas da Área de Autoemprego de CIMO, integrada na Rede de Técnicos de Emprego da Xunta de Galicia, asesoraron 352 proxectos empresariais. Aos seus promotores, en xeral xoves emprendedores, ofrecéselles gratuitamente servizos de información e orientación, análise de viabilidade, posibilidades de acceder a subvencións e diversas fontes de financiación, formación e, en xeral, oriéntaselles en todo o proceso de converter unha idea, moitas veces difusa, nun negocio.

Dos 352 proxectos que CIMO asesorou , 91 convertíronse efectivamente en empresas, sendo esta unha cifra record entre as entidades que apoian o autoemprego e a creación de novas empresas en toda Galicia.

Destas 91 empresas nacidas en CIMO, destacar que o 56% foron de emprendedores de Ourense cidade, o 39% de Ourense provincia e o 5% de fora da nosa provincia, e as idades dos citados emprendedores foron o 38 % de menos de 30 anos, o 51% de idades comprendidas entre 30 e 45 anos e o 11% de maiores de 45 anos.
Outro análise revela que o 56% dos proxectos son promovidos por mulleres e que en canto aos sectores de actividade o 65% elixiron o de servizos, o 23% o de comercio, o 9% o de industria e o 3% optou pola agricultura e gandería.

As persoas que teñan unha idea empresarial, poden acudir en busca de información e apoio á Área de Autoemprego de CIMO, onde recibirán un asesoramento gratuíto caracterizado pola súa profesionalidade e experiencia.
"Subir"
Nota de Prensa 20 Abril, 2006
CADA DÍA 8 PERSOAS ATOPARON EMPREGO EN CIMO
DURANTE O ANO 2005

Os datos máis positivos dos doce anos de vida da entidade ourensá
Como ven sendo habitual ano tras ano, no transcurso do presente mes de abril, CIMO, entidade declarada de Utilidade Pública, ven de facer balance do realizado no exercicio anterior.

A intensa vida do centro ourensá durante o pasado ano aparece reflectida na súa Memoria de Actividades e Servizos (a cal se adxunta en formato CD). Nela recóllense as actuacións levadas a cabo polas distintas áreas que compoñen a institución: Colocación, Autoemprego, Formación, Comunicación e Contidos así como pola empresa de inserción Limaco, creada por CIMO para contribuír á xeración de postos de traballo destinados a colectivos de difícil inserción laboral.

Estamos sen lugar a dúbidas ante o exercicio cos datos máis positivos dos doce anos de vida da entidade, datos que son especialmente espectaculares no concernente ó balance da Área de Colocación de CIMO.

Neste departamento, que opera como centro colaborador do Servizo Galego de Colocación, emparéllanse as ofertas dos empresarios e as demandas cidadáns que acoden a CIMO na procura dun posto de traballo, acadándose a cifra promedio de oito colocacións diarias, é dicir, que cada día , durante o pasado ano 2005 atoparon traballo en CIMO un promedio de 8 persoas.

O desglose de contratacións por mes foi o que a continuación se detalla:

XANEIRO: 120
FEBREIRO: 151
MARZO: 163
ABRIL: 147
MAIO: 156
XUÑO: 154
XULLO: 199
AGOSTO: 173
SETEMBRO: 169
OCTUBRE: 151
NOVEMBRO: 193
DECEMBRO: 144

Estas cifras falan por si mesmas, e dan unha idea do inxente traballo realizado polo equipo humán de CIMO, nestes momentos conformado por 31 persoas, e que ven facendo da entidade ourensá un referente ineludible a nivel de toda Galicia en materia de emprego e inserción laboral.

Outro dato revelador do traballo realizado é que diariamente acoden ás dependencias de CIMO un número promedio de cincocentas persoas, esta grande afluencia constitúena tanto empresarios que acoden a CIMO a demandar traballadores, como demandantes de emprego (en desemprego ou en busca de mellora do seu traballo actual).

Tamén merece especial mención o progresivo e constante crecemento de visitas a www.cimoemprego.com, o Portal Galego do Emprego, un servizo que CIMO ten en marcha en colaboración coa empresa de cable galega R e a Xunta de Galicia, sendo máis de tres mil os usuarios que cada día recurren a beneficiarse dos servizos que CIMO presta en Internet.

Todos os servizos de CIMO, tanto os presenciais como os telemáticos, son absolutamente gratuítos
"Subir"
Nota de Prensa 24 Marzo, 2006
CIMO REUNE EN OURENSE A ENTIDADES DE TODA ESPAÑA QUE TRABALLAN NA LOITA CONTRA O DESEMPREGO
Durante este xoves e venres daranse cita en Ourense, baixo a organización de CIMO, unha veintena de entidades procedentes de distintos puntos da xeografía española, todas elas pertencen a entidades sen ánimo de lucro (asociacións e fundacións) que ó igual que CIMO prestan servizos á sociedade no campo da loita contra o desemprego, a intermediación laboral, funcionando como axencias de emprego, de colocación e/ou de fomento e apoio ó autoemprego, traballando algunhas delas con colectivos específicos como xuventude, colectivos en risco de exclusión, inmigrantes, etc.

Estarán presentes entidades do País Vasco, Galicia, Castilla León, Castilla la Mancha, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana, Canarias e Andalucía.

Este encontro concluirá coa celebración da Asemblea de “Red Araña, Tejido de Entidades Sociales por el Empleo”, unha entidade de ámbito estatal da que CIMO é delegación en Galicia, en dito encontro abordaranse todo tipo de cuestións relativas ó mundo laboral, ademáis de cuestións de índole estrutural, estratéxico e programático da propia Rede.

Os participantes ademais de traballar na actividade, que se celebrará no Centro Cultural da Deputación (antigüo Edificio Simeón), tamén poderán visitar os lugares de interese turístico de Ourense. No día de mañá á tarde todos os participantes realizarán unha visita as instalacións de CIMO, onde coñecerán en detalle todo o traballo que esta entidade ourensán desenvolve, aproveitando dita visita para profundizar en liñas de colaboración conxunta e intercambios de experiencias.
"Subir"
Nota de Prensa 9 Marzo, 2006
CIMO REÚNE EN OURENSE A TRABALLADORES SOCIAIS DE TODA GALICIA.
Preside o acto o Vicepresidente da Xunta de Galicia
CIMO, coa colaboración do Colexio Oficial de Diplomados en Traballo Social de Galicia e da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, organiza unha actividade de ámbito autonómico dirixida ao colectivo de Traballadores Sociais de Galicia.

Dito evento terá lugar o vindeiro 29 de marzo, no salón de actos do Centro Cultural da Deputación de Ourense.

Baixo o título “Servizos Sociais e Emprego”, diversos profesionais e responsables da Administración someterán a análise a labor cotiá do Traballador Social e porán de manifesto a importancia de vincular dita tarefa coa inserción laboral.

O programa de actividades xirará en torno a 5 ponencias relacionadas entre sí:
“Os Servizos Sociais dende unha perspectiva sociolaboral”, “ O Traballo Social: un eslabón na cadea da incorporación ao mercado laboral”, “A inserción socio-laboral e o sistema de Servizos Sociais”, “A importancia da Información Laboral na busca de emprego” e “CIMO: un recurso para os Traballadores Sociais de Galicia”.

Un panel de experiencias no que participarán 4 Traballadores Sociais que xa interveñen específicamente no eido da inserción laboral (entre os que se atopa Agurtzane Aramendi, traballadora social de Kutxa Zeharo, Irún-Guipúzcoa ) porá o punto final á celebración deste acto.

A xornada estará presidida por D. Anxo Quintana González, Vicepresidente da Igualdade e do Benestar e contará coa presenza de Dna. Mª Jesús Lago Vilaboa, Secretaria Xeral do Benestar e D. Xosé Benito Núñez López, Xefe do Servizo de Orientación Laboral da Consellería de Traballo.

Aquelas persoas interesadas en asistir ao mesmo e que aínda non remitiron a súa inscrición aínda están a tempo xa que o prazo para facelo remata o xoves 23 de marzo.




Máis información:
988 39 15 15
info@cimoemprego.com
"Subir"
Nota de Prensa 21 Novembro, 2005
Actividades para 45 xoves empresarios
CIMO organiza, durante o presente mes de Novembro, dous Seminarios en colaboración co IGAPE e o CENTRO CULTURAL da Deputación, destinados a empresarios, directivos, técnicos e xestores de pequenas e medianas empresas que se crearan nos últimos tres anos. Os Seminarios teñen como obxectivo actualizar e dar a coñecer novos conceptos de xestión empresarial , e desta forma mellorar as habilidades necesarias para traballar de forma efectiva dentro da súa empresa, finalidade que perseguen as 45 persoas asistentes aos seminarios.

Un dos seminarios ten como título “ Captación de Clientes ”, que se celebra o 22 de Novembro. Dito seminario abordará temas tan importantes para as empresas de recente creación como son os pasos dunha acción de marketing directo e a súa aplicación para una PEME, coñecer os instrumentos de marketing directo, o deseño dunha estratexia de calidade no servizo,.... Durante a xornada, os xoves empresarios obterán resposta a preguntas da importancia de ¿cómo reter ao cliente? ou ¿cál é o escenario actual do mercado?.

O ciclo complétase con un seminario de “Internet como ferramenta empresarial” cunha duración de oito horas e que se celebrará o 30 de Novembro. Esta acción pretende facilitar o acceso dos empresarios ao mundo de Internet, co fin de que sexa unha vía para impulsar a competitividade empresarial.

Os presentes Seminarios son un complemento do traballo de asesoramento que ofrecen os especialistas da Área de Autoemprego de CIMO, integrados na Rede de Técnicos de Emprego da Consellería de Traballo e que durante todo o ano asesoran gratuitamente a centos de emprendedores que desexan crear unha empresa. Durante o 2004 naceron no seo de CIMO máis de cen empresas grazas a dito servizo de asesoramento. Nas próximas datas daranse a coñecer os datos correspondentes ao 2005 que melloraron incluso as referidas cifras.

"Subir"
Nota de Prensa 11 Outubro, 2005
WEBS ADAPTADAS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CIMO - CONSELLERÍA DE TRABALLO
CIMO e a Consellería de Traballo van levar a cabo unha innovadora actuación dirixida a quince profesionais que actualmente desempeñen tarefas no mundo da programación informática e de Internet, de cara a capacitalos para a creación, programación e deseño de páxinas web adaptadas a persoas con discapacidade.

Esta idea nace da problemática detectada entre o colectivo de discapacitados, que ten que superar diversas barreiras para poder integrarse na sociedade: arquitectónicas, morais , sensoriais... Coa proliferación do uso das novas tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs), os discapacitados teñen que enfrontarse á chamada “Brecha Dixital”; o que provoca unha importante desigualdade de posibilidades que existen para poder acceder á información, ao coñecemento e á educación mediante as TICs.

Por todo isto, as páxinas Web , en vez de fiestras ao mundo, convértense en barreiras insalvables (unha máis¡¡) para quen sufre algunha discapacidade. Con este actividade pretendemos evitar a “infoexclusión”, superar as barreiras de comunicación e en definitiva, mellorar a súa calidade de vida.

A Administración Pública e diversas entidades privadas están promovendo iniciativas para o desenvolvemento da “Sociedade da información para todos”. A acción que hoxe se fai pública súmase a estas iniciativas co obxectivo de auspiciar e acelerar as oportunidades de integración sociolaboral dos discapacitados, proporcionando así unha fonte de oportunidades para a integración, a aprendizaxe e o emprego ao permitirlle acceder de xeito máis doado a internet.
Por outra banda, o mercado laboral demanda profesionais especializados na creación de tecnoloxías, pero poucas veces se pensa na especialización para adaptar as TICs e en especial as páxinas Webs a grupos de persoas con diferentes necesidades. Nesta acción formativa denominada “Creación de páxinas Web adaptadas a persoas con discapacidade” pretendemos aportar os coñecementos teórico-prácticos necesarios para a creación de novos servizos de información e comunicación, como son páxinas web accesibles con facilidades auditivas, visuais e de navegación, favorecendo a especialización destes profesionais nun campo pouco explotado.

Xa está aberto o prazo de inscrición gratuíta
"Subir"
Nota de Prensa 11 xullo, 2005
EMPREGO NO CENTRO PENITENCIARIO
Levar o mundo do emprego e do autoemprego, e en definitiva, as posibilidades reais de inserción laboral ás reclusas que están a piques de cumprir a súa condea, é o obxectivo do denominado Club de Emprego-Proxecto Saída

A iniciativa, impulsada e organizada por CIMO conta coa colaboración da Fundación Pedro Barrié da Maza. Esta Fundación, presenta en convocatoria anual, unha selección de proxectos de colaboración no eido social, dos que CIMO foi seleccionado este ano de entre un número elevado de entidades non lucrativas.

Mellorar as habilidades e dotar de técnicas ás mulleres pertencentes a este Club, así como a prestación de orientación laboral e información sobre o mercado de traballo, ofertas de emprego, asesoría para autoemprego… serán parte dás ferramentas utilizadas de cara a conquerir a inserción laboral .

CIMO utilizará todos os seus medios para o logro da máxima empregabilidade deste grupo de integrantes do CLUBE DE EMPREGO PROXECTO SAÍDA , entre o que destaca o maior Banco de Emprego de Galicia, o cal é xestionado por CIMO e está conformado por máis de 800 oportunidades de emprego privado de actualización diaria.

Asemade, CIMO prestará especial importancia ao labor de fomento da iniciativa empresarial entre as beneficiarias do Club, de xeito que as interesadas recibirán información, formación e asesoramento para a actividade e iniciativa empresarial. Por este motivo, o Área de Autoemprego de CIMO, a través dos seus técnicos de emprego integrantes da Rede de técnicos de emprego da Xunta de Galicia, ofrecerán un servizo de orientación , análise de viabilidade, as diferentes e diversas posibilidades de acceso a subvencións e axudas así como a outros elementos de financiación.
"Subir"
Nota de Prensa 5 xullo, 2005
XÓVENES EMPRESARIOS
PARTICIPAN NUN SEMINARIO
DE PLANIFICACIÓN EMPRESARIAL
Organizado por CIMO,
en colaboración con IGAPE
e o Centro Cultural da Deputación


Este martes 5 de Xullo comeza en Ourense un Seminario de Planificación Empresarial, organizado por CIMO e impartido por especialistas do IGAPE, ao cal acudirán 16 emprendedores que actualmente teñen un proxecto empresarial. O seminario ten como obxectivo que os participantes coñezan os conceptos, básicos e necesarios, para a elaboración do plan de empresa, o deseño e a elaboración do mesmo.

Todos os asistentes son persoas dinámicas, que demostraron ter interese en converter unha idea nun proxecto empresarial e están sendo orientados por expertos asesores de Autoemprego de CIMO.

Esta actividade celebrarase no Centro Cultural da Deputación e desenrolarase durante varias sesións que concluirán o 29 de xullo. O Seminario de Planificación Empresarial é unha ferramenta de formación que permite estimar o éxito da idea empresarial e que consta de sete sesións non consecutivas de traballo, cuxos puntos principais a tratar son a análise do mercado, os procesos e a organización interna e a viabilidade económica-financeira. Paralelamente, os seus participantes contarán coa axuda personalizada dun titor que lles prestará o asesoramento necesario para a xestación do seu negocio, de modo que poidan comprobar e contrastar que a idea orixinal pódese converter nun proxecto viable de empresa.

A organización do Seminario forma parte do traballo de asesoramento que ofrecen os especialistas do Área de Autoemprego de CIMO, de forma totalmente gratuíta, a aquelas persoas con inquedanzas empresariais que están pensando crear o seu propio negocio.

A xeito de balance, destacar que ao longo do 2004 foron 435 os proxectos que recibiron asesoramento polos axentes de emprego da entidade, e a esta cifra hai que engadir os 207 proxectos empresariais asesorados ata o mes de xuño, que supera con creces a do ano pasado nesta época.




Na actualidade, CIMO é o principal e ineludible referente dos cidadáns na provincia ourensá, á hora de asesorarse para crear unha empresa. Esta privilexiada situación é froito da decidida aposta realizada pola entidade en materia de autoemprego e da labor desenrolada polos profesionais da mesma ao longo destes anos, reflectíndose nas espectaculares cifras mencionadas anteriormente.
"Subir"
Nota de Prensa 8 de xuño, 2005
15 NOVOS EMPRESARIOS
EMPRENDEDOR, SE BUSCAS QUE A TÚA IDEA TEÑA UN BO FINAL, COMEZA POLO PRINCIPIO: SEMINARIO DE PLANIFICACIÓN EMPRESARIAL


CIMO organizará un Seminario de Planificación Empresarial en colaboración co IGAPE e o CENTRO CULTURAL da Deputación, durante o mes de xullo, o cal vai destinado a un máximo de 15 proxectos empresariais, titorizados polos especialistas do Área de Autoemprego de CIMO. O seminario ten por finalidade que os asistentes coñezan os conceptos básicos necesarios para a elaboración do plan de empresa, deseñen e elaboren o mesmo e contrasten a súa viabilidade.

Esta actividade será impartida por especialistas do Igape, celebrarase no Centro Cultural da Deputación e desenrolarase durante varias sesións que concluirán o 29 de xullo. O Seminario de Planificación Empresarial é unha ferramenta de formación que permite estimar o éxito da idea empresarial e que consta de sete sesións non consecutivas de traballo, cuxos puntos principais a tratar son a análise do mercado, os procesos e a organización interna e a viabilidade económica-financeira. Paralelamente, os seus participantes contarán coa axuda personalizada dun titor que lles prestará o asesoramento necesario para a xestación do seu negocio, de xeito que poidan comprobar e contrastar que a idea orixinal pódese converter nun proxecto viable de empresa.

A participación no Seminario de Planificación Empresarial forma parte do traballo de asesoramento gratuíto que ofrecen os especialistas do Área de Autoemprego de CIMO, integrados na Rede de Técnicos de Emprego da Consellería de Asuntos Sociais. Aquelas persoas con inquedanzas empresariais que están pensando en crear o seu propio negocio, interesadas en asistir ao Seminario, poden obter máis información no teléfono 988391515 ou a través do seguinte enderezo autoemprego@cimoemprego.com.
"Subir"
Nota de Prensa 8 de xuño, 2005
FINANCIACION PARA A CREACIÓN DE EMPRESA AO ALCANCE DA MAN
CIMO e Caixanova asinan un convenio para a concesión de préstamos a emprendedores sen necesidade de aval.

O programa apoia a emprendedores con dificultades de acceso á financiación bancaria para que poidan crear empresas

Con frecuencia, as persoas que estiveron elaborando unha idea empresarial e teñen a intención de desenrolala para crear un negocio propio, atópanse cun obstáculo que lles dificulta o camiño que decidiron tomar. Estamos referíndonos á falta de garantías e historial crediticio, situación que limita frecuentemente o acceso dos emprendedores á financiación polos canles habituais do sistema financeiro.

Quen se atopa nesta situación, conta cunha vía que pode axudalos chegado o momento da financiación, a través dos "préstamos de carácter social a emprendedores" de Caixanova.

Os préstamos teñen un importe máximo a formalizar de 36.000 euros a un prazo máximo de 7 anos e a un tipo de interese variable durante o primeiro ano dun 3,50% nominal anual, revisándose cada 12 meses, e quen aportarán as garantías patrimoniais do risco proposto, son as sociedades de garantía recíproca. Este préstamo está deseñado para calquera colectivo, no que o solicitante sexa persoa física ou microempresa, que presenten un proxecto de creación e desenvolvemento de empresa, con viabilidade económica, na que a financiación solicitada favoreza a súa viabilidade financeira, e que teña dificultades de acceso á financiación polos canles habituais do sistema financeiro.

O convenio asinado no día de onte entre CIMO e Caixanova habilita a canalización destes préstamos e está enmarcado no traballo cotiá de asesoramento gratuíto que ofrecen os especialistas do Área de Autoemprego de CIMO, integrados á Rede de Técnicos de Emprego da Consellería de Asuntos Sociais. Os axentes de emprego de CIMO estudarán o proxecto, brindaranlle asistencia técnica en todo o proceso de elaboración e posta en marcha e valorarán a posibilidade de que poida, polas súas características, cualificar como aceptable o proxecto para ser incluído nos préstamos de carácter social de Caixanova.

CIMO, ao colaborar con esta iniciativa de Caixanova, persegue avanzar nos seus obxectivos de apoiar as iniciativas empresariais, contribuíndo á inserción laboral por conta propia e establecendo vías para o desenvolvemento persoal e empresarial dos seus usuarios.

A xeito de balance, destacar que ao longo do 2004 foron 435 os proxectos que recibiron asesoramento polos axentes de emprego da entidade, e a esta cifra hai que engadir os 195 proxectos empresariais asesorados ata o mes de maio, co que a cifra supera con creces a do ano pasado nesta época.

Na actualidade, CIMO é o principal e ineludible referente dos cidadáns na provincia ourensán, á hora de asesorarse para crear unha empresa. Esta privilexiada situación é froito da decidida aposta realizada pola entidade en materia de autoemprego e da labor desenvolvida polos profesionais da mesma ao longo destes anos, reflectíndose nas espectaculares cifras mencionadas anteriormente.

Aquelas persoas con inquedanzas empresariais que están pensando crear o seu propio negocio, interesadas en converterse en beneficiarios destes préstamos, poden obter maior información no teléfono 988391515 ou a través da seguinte dirección autoemprego@cimoemprego.com
"Subir"
Nota de Prensa 31 de maio, 2005
MAÑÁ "MARTES DE PRECAMPAÑA"
O último acto dos denominados MARTES DE PRECAMPAÑA, terá lugar mañá día 31 de maio. Trátase dunha iniciativa de CIMO que pretende por en contacto durante todos os martes do mes de maio a tres dirixentes políticos dos tres principais partidos que concorren ás próximas eleccións autonómicas con 50 representantes cidadáns (dirixentes de asociacións, colectivos, .. etc).

Tras o éxito acadado e a repercusión social deste acto, mañá martes, 31 de maio, abordarase non derradeiro debate monográfico o tema da Educación e a Universidade.

Tareixa Paz, representante do BNG, Laura Seara, Deputada do PSOE e Jorge Pumar candidato do PP, veranse as caras ante 50 cidadáns que representan a asociacións, ONG's , fundacións e outros tipos de colectivos que lles interrogarán e tamén aportarán a súa visión da realidade sobre este tema.

Esta orixinal iniciativa terá lugar no salón de actos da Casa da Xuventude , este martes 31 de maio ás 20 horas.

Dende CIMO agradécese a resposta cidadán así como o trato dos medios de comunicación ante o seguimento desta peculiar e orixinal iniciativa.


Este acto estará aberto aos medios de comunicación.

Para máis información: Tfno. de CIMO 988 39 15 15
"Subir"
Nota de Prensa 23 de maio, 2005
MAÑÁ 24 DE MAIO, OUTRO "MARTES DE PRECAMPAÑA"

Despois do parón da semana pasada, debido á festividade das Letras Galegas mañá, día 24 de maio, voltará a rexurdir o debate, nos denominados MARTES DE PRECAMPAÑA, unha iniciativa de CIMO que pretende por en contacto durante todos os martes do mes de maio a tres dirixentes políticos dos tres principais partidos que concorren ás eleccións autonómicas con 50 representantes cidadáns (dirixentes de asociacións, colectivos, .. etc).

Tras o éxito acadado e a repercusión social, dos anteriores dous debates, mañá martes, 24 de maio, abordarase no terceiro debate monográfico un tema que analiza as políticas sociais que os tres partidos propoñen ante as inminentes eleccións (servizos sociais, inmigración, xuventude, muller, …etc)

Tareixa Paz, representante do BNG, Laura Seara, Deputada do PSOE e Jorge Pumar candidato do PP, veranse as caras ante 50 cidadáns que representan a asociacións, ONG's , fundacións e outros tipos de colectivos que lles interrogarán e tamén aportarán a súa visión da realidade sobre este tema.

Esta orixinal iniciativa terá lugar no salón de actos da Casa da Xuventude , este martes 24 de maio ás 20 horas.

Este acto estará aberto aos medios de comunicación.

Para máis información: Tfno. de CIMO 988 39 15 15.
"Subir"
Nota de Prensa 9 de maio, 2005
MAÑÁ 10 DE MAIO, OUTRO "MARTES DE PRECAMPAÑA"

Mañá, día 10 de maio, nova sesión nos denominados Martes de Precampaña, unha iniciativa de CIMO que pretende por en contacto durante todos os martes do mes de maio a tres dirixentes políticos dos tres principais partidos que concorren ás eleccións autonómicas con 40 representantes cidadáns (dirixentes de asociacións, colectivos, .. etc).

Durante todos os martes, os mesmos responsables políticos protagonizarán debates entorno a cuestións de interese ante os mesmos 40 representantes cidadáns previamente inscritos na actividade.

Tras o éxito do celebrado, o primeiro martes do mes, que versou sobre a vivenda, mañá martes, 10 de maio, abordarase no segundo debate monográfico un tema tan preocupante como o do Emprego.

Iago Tabarés, cabeza de lista polo BNG, Laura Seara, Deputada do PSOE e Jorge Pumar candidato do PP, veranse as caras ante 40 persoas que representan a asociacións, ONG's , fundacións e outros tipos de colectivos que lles interrogarán e tamén aportarán a súa visión da realidade sobre este tema : o Emprego.

Esta orixinal iniciativa terá lugar no salón de actos da Casa da Xuventude , este martes 10 de maio ás 20 horas. As seguintes sesións celebrásense durante todos os martes do mes de maio.

Este acto estará aberto aos medios de comunicación.

Para máis información: Tfno. de CIMO 988 39 15 15.

"Subir"
Nota de Prensa 2 de maio, 2005

MAÑA COMEZAN OS " MARTES DE PRECAMPAÑA"
Mañá, día 3 de maio, comeza a actividade denominada Martes de Precampaña, unha iniciativa de CIMO que pretende por en contacto durante todos os martes de maio a tres dirixentes políticos dos tres principias partidos que concorren a eleccións autonómicas con 40 representantes cidadáns (dirixentes de asociacións, colectivos, .. etc).

Durante todos os martes, os mesmos responsables políticos protagonizarán debates entorno a cuestións de interese ante os mesmos 40 representantes cidadáns previamente inscritos na actividade

Este martes 3 de abril abordarase no primeiro debate monográfico un tema preocupante, hoxe en día, o tema da Vivenda.

Iago Tabarés, cabeza de lista polo BNG, Laura Seara, Deputada do PSOE e Jose Antonio Armada en representación do PP, veranse as caras ante 40 persoas que representan a asociacións, ONG's , fundacións e outros tipos de colectivos que lles interrogarán e tamén aportarán a súa visión da realidade sobre este tema : a Vivenda.

Esta orixinal iniciativa terá lugar no salón de actos de Casa da Xuventude , e comezará este martes 3 de maio ás 20 horas. Prorrogarase durante todos os martes do mes de maio.

Este acto estará aberto aos medios de comunicación.

Para máis información: Tfno. de CIMO 988 39 15 15.
"Subir"
Nota de Prensa 26 de abril 2005
CIMO PROMOVE OS "MARTES DE PRECAMPAÑA"

CIMO en colaboración coa Casa da Xuventude, vén de organizar unha orixinal actividade que se vai levar a cabo por primeira vez e que se denominará "MARTES DE PRECAMPAÑA".

A iniciativa consiste en adicar todos os martes do mes de maio a por en comunicación aos máximos responsables das tres principais forzas políticas que van concorrer nas vindeiras eleccións autonómicas cos cidadáns en xeral, e con 40 representantes de diversos colectivos ourensáns en particular.

Deste xeito, antes de que dea comezo a voráxine da información electoral (sobre todo aló polo mes de xuño), cada martes celebrarase un encontro que tratará un tema de máximo interese.

A orixinalidade deste debate-encontro reside no feito de que asistirán sempre as mesmas persoas, tanto no que se refire aos representantes políticos como ás 40 persoas que integrarán o público e que deberán previamente inscribirse na actividade. Cada martes, independentemente do tema monográfico que se aborde, estarán presentes os mesmos representantes políticos e o mesmo público, xa que a inscrición é válida para os catro martes; pretendéndose crear un clima de coñecemento mutuo cimentando incluso unha relación a futuro produtiva para ambas partes. Pensamos que un dos puntos de orixinalidade do proxecto é que ao longo de todo o mes de maio estes responsables políticos e os 40 cidadáns rematarán coñecéndose, algo obviamente non alcanzable se como vén sendo habitual se organizara un só acto, como son os tradicionais debates.

Os temas propostos por CIMO para cada un dos martes serán:

Primeiro martes: debate monográfico sobre Vivenda
Segundo martes: debate monográfico sobre Emprego
Terceiro martes: debate monográfico sobre Acción social (xuventude, voluntariado, deporte, muller e servizos sociais)
Cuarto martes: debate monográfico sobre Educación e Universidade

O grupo de políticos que acudirán a todos os debates estará integrado por Iago Tabarés (en representación do BNG), Laura Seara (en representación do PSOE) e Jose Antonio Armada (representando ou PP). Os actos terán lugar na Casa da Xuventude, dentro da programación do Maio Xove, todos os martes de maio ás 20 horas

Para poder inscribirse só será necesario achegarse ata as instalacións de CIMO ou da Casa da Xuventude a partir de xa, pois o número de prazas é limitado a 40, sendo a inscrición un requisito imprescindible para poder asistir. Terán prioridade os representantes de entidades sociais/asociacións, aínda que dita actividade tamén estará aberta a calquera cidadán que estea interesado en participar, sempre previa inscrición, que por suposto será completamente gratuíta.

Máis información 988391515
"Subir"
Nota de Prensa 7 de abril, 2005
REDUCINDO A BRECHA DIXITAL

CIMO, na súa decidida aposta por potenciar a súa esfera social e dado o éxito obtido no ano 2004, puxo en marcha a 2ª edición dun proxecto destinado á alfabetización dixital das persoas adultas, reducindo así a brecha dixital.

Os destinatarios son adultos, preferentemente maiores de 60 anos, que non puideron acceder a coñecementos primarios tanto en cultura xeral como en aspectos relativos á informática e novas tecnoloxías en xeral.

Entre os obxectivos fundamentais do mesmo destacamos:

• Proporcionar unha formación básica ás persoas que carezan das técnicas instrumentais (lecto-escritura e cálculo) e dos elementos culturais suficientes para o seu desenvolvemento persoal e social.
• Fomentar o desenvolvemento das aptitudes instrumentais e intelectuais dos adultos, para posibilitar unha actitude de participación crítica e responsable na sociedade.
• Formar na utilización das novas tecnoloxías coa intención de que fagan uso das mesmas e poidan beneficiarse das vantaxes que comportan.

Esta actividade, como todas as que desenrola CIMO, é totalmente gratuíta.

Están programados unha serie de talleres adaptados ás súas pe