Resumo
de FAQs (Preguntas Frecuentes) :
PREGUNTA 1:
¿Cales son os servizos que brindan CIMO e o seu portal CIMOEMPREGO?
RESPOSTA:
Prema a opción " Os nosos
Servizos" no
botón "Máis Opcións" do menú da nosa web. Alí atopará toda a información requirida.
"Subir"
PREGUNTA 2:
Atopei en CIMOEMPREGO unha oportunidade de traballo que se axeita ao meu perfil e en cuxo proceso de selección quero participar. ¿Como podo facerlles saber o meu interese por aspirar a ese posto?
RESPOSTA:
A.- Se vostede xa está inscrito na Bolsa de Demandantes de CIMOEMPREGO:
Cando vostede preme sobre unha oferta de traballo, ábrese un cadro onde se amosan todas as características e requisitos desta.
A.1.- Se na parte inferior de dita información aparece o aviso "SE LLE INTERESA ESTA OFERTA, APÚNTESE A ELA" faga click sobre "PREMA AQUÍ".
Abrirase un cadro de identificación. Escriba nel o seu Identificativo do Currículo e o seu Contrasinal. Inmediatamente, o sistema xerará unha mensaxe ao seu Xestor Persoal avisándoo de que vostede desexa optar ao posto ofrecido. A partir dese momento, vostede entrará no proceso de selección para o posto.
A.2.- Hai outras ofertas cuxo proceso de xestión é diferente e por iso non é posible apuntarse nelas.
Se na información non aparece o aviso "SE LLE INTERESA ESTA OFERTA, APÚNTESE A ELA",
tamén pode facernos chegar o seu interese por converterse en candidato e participar na selección. Siga as instrucións que se amosan na propia oferta. A continuación sinalámoslle algúns exemplos:
A.3.- En determinadas ofertas é necesario Chamar ao 902 11 60 39 do Servizo TELEMPREGO CIMO, O Teléfono das Ofertas de Traballo.
A través desa chamada poderá vostede falar persoalmente co Xestor que xestiona a oferta.
De luns a venres de 8:00 a 14:00 (hora peninsular española).
A.4.- Outras veces sinálase Enviar Currículo directamente ao fax, ao enderezo electrónico ou ao enderezo postal do empresario.
Ese xeito de contacto está reflectida na información.
A.5.- Nas ofertas de traballo xeradas polas Administracións Públicas, orientámoslle cara a publicación oficial que publicou as bases da convocatoria. Dese xeito obterá a información completa.
A.6.- Para coñecer máis detalles sobre as oportunidades de emprego publicadas polo Servizo Galego de Colocación, deberá vostede Preguntar no Tl. 902 125 000 pola Oferta do seu interese.Preguntar no tlf. 902 125 000
poa Oferta do seu interese.
B.-Se vostede non está inscrito na nosa Bolsa de Demandantes, ten dúas posibilidades:
B.1.- Inscríbase en CIMOEMPREGO. Para iso siga as instrucións que aparecen na Resposta á Pregunta 4 desta sección. Esta é a opción que lle recomendamos por ser a máis sinxela e operativa para vostede e para os nosos Xestores.
B.2.- Mentres non realice a súa inscrición en CIMOEMPREGO non poderá apuntarse directamente dende o noso Portal ás ofertas que permiten esa opción. Para converterse en candidato a elas, será necesario que nos faga chegar un
Currículo por cada oferta que lle interese. Envíeo (adxunto nun correo electrónico) ao enderezo ofertas@cimoemprego.com e sinale no corpo da mensaxe o seu nome e apelidos, o seu DNI, o número da oferta e o posto ofrecido.
Naquelas oportunidades de emprego publicadas en que non apareza o aviso"SE LLE INTERESA ESTA OFERTA, APÚNTESE A ELA"
", siga os pasos sinalados na información que se amosa ao premer sobre elas, como se indica nos parágrafos anteriores (dende o A.2 ata o A.6) deste texto.
"Subir"
PREGUNTA
3:
Son un empresario ou particular que precisa contratar un empregado. ¿Como acceder ao servizo gratuíto que ofrece CIMOEMPREGO?
RESPOSTA:
Contacte cos especialistas
da Área de Colocación de CIMO.
Eles, ao abrir a súa oferta, poñerán á súa disposición os milleiros de currículos rexistrados na nosa Bolsa de Demandantes de emprego e, mediante un proceso de selección de alto nivel profesional, axudaranlle a conseguir a persoa idónea para o posto de traballo que vostede precisa cubrir. E todo isto sen custe algún..
CIMO é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública. Comprometida seriamente coa loita contra o desemprego, realiza unha efectiva labor de intermediación entre empresarios e demandantes. Cada día, ducias de empresas e particulares acoden a CIMO para confiarnos a cobertura da súa selección de persoal. Vostede pode abrir unha oferta en CIMO por calquera das seguintes vías:
VÍA INTERNET:
No menú desta web, prema a opción"Solicite Empregados".
Enchendo os campos do formulario que alí aparece, especifique as características do posto ofrecido e os requisitos que deberán cumprir os candidatos.
VÍA TELEFÓNICA:
Tamén pode contactar ca Área de Colocación de CIMO a través do teléfono 988 - 39 15 15
De luns a xoves: de 9.00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (hora peninsular española).
Os venres: de 9:00 a 14:00 horas.
VÍA FAX:
Se o desexa, envíenos a súa solicitude de persoal, con todos os detalles, características e requisitos, ao número 988 604 663.
En caso de que a liña estea ocupada, envíenolo fax ao 988 250 240.
"Subir"
PREGUNTA
4:
Desexo inscribirme como Demandante de Traballo en CIMOEMPREGO. ¿Cales son os pasos para facelo?
RESPOSTA:
CIMO convídalle a integrarse na súa base de datos de Demandantes de Emprego dende o seu Portal CIMOEMPREGO. Este é, como todos os de CIMO, un servizo gratuíto.
O proceso iníciase ao premer na opción "Rexístrese" do Menú da nosa web.
Encha o formulario e estableza as dúas claves que protexerán os seus datos (unha será o seu Identificativo do Currículo e outra o seu Contrasinal).
Unha vez finalizado este rexistro, xa pode proceder a inscribir o seu Currículo en CIMOEMPREGO.
Prema no menú a opción "Currículo" e, tras identificarse, aparecerá o formulario, onde vostede escribirá os datos do seu Currículo.
Encha os campos dos distintos apartados (Datos persoais, Traballo desexado, Experiencia laboral, Formación académica, Outra formación, Idiomas, Informática, Feitos a destacar, Habilidades).
Unha vez cumprimentados todos os campos, prema "INTRODUCIR".
O programa amosaralle unha Vista Previa de todo o formulario do CV que vostede remata de encher. Revíseo detidamente. Pode modificar ou engadir datos nos campos en que o desexe. Unha vez que considere que todo está ben, chegou o momento de envialo a CIMOEMPREGO. Para iso, prema o botón "CONFIRMAR".
Ó recibir os seus datos, CIMOEMPREGO asignaralle un Xestor Persoal que titorizará o seu Currículo e vostede pasará a integrar a nosa Bolsa de Demandantes. A partir dese intre entrará nos procesos de selección de persoal que se axusten ao seu perfil e poderá ser elixido polos empresarios que nos soliciten empregados.
Debemos aclararlle que CIMOEMPREGO desenrola unha labor de intermediación entre candidatos e empresarios, sendo estes últimos os que deciden a elección final entre os aspirantes dispoñibles.
"Subir"
PREGUNTA 5:
Inscribín o meu Currículo en CIMOEMPREGO e asignáronme un Xestor Persoal. ¿En que consiste o seu traballo? ¿Como pode axudarme na miña busca de emprego?
RESPOSTA:
O Xestor é o seu titor en CIMOEMPREGO. Trátase da persoa que, utilizando os mecanismos do noso sistema, axúdalle a atopar traballo.
O Xestor aténdeo dende o momento en que vostede inscribe o seu Currículo na Bolsa de Demandantes de Emprego de CIMOEMPREGO. Un dos seus cometidos é recibir o CV e estar atento aos novos datos que o usuario lle engade ou modifique cada vez que desexe actualizalo.
Mais a súa función principal é a do "emparellamento" entre ofertas e demandas, ou sexa establecer, a través dun programa informático, unha relación entre os requisitos que os empresarios inclúen nas ofertas que nos confían e os datos dos Currículos dos demandantes. Mediante ese proceso coñecemos cales son os solicitantes que poden axeitarse mellor ás esixencias dunha oferta.
O Xestor comunicarase con vostede cada vez que sexa necesario, xa sexa para ofrecerlle información relacionada cun proceso de selección ou para precisar ou ampliar os datos que vostede escribiu ao encher os campos do Currículo.
Todas as comunicacións entre o seu Xestor e vostede (e viceversa) estableceranse a través da vía correo electrónico
xa que, como comprenderá, resúltanos imposible atender por teléfono aos milleiros de usuarios inscritos na nosa Bolsa.
Un elemento ao que o Xestor concede gran importancia é o interese que os nosos usuarios amosen por unha oferta en particular. Utilizando o
"Buscador de ofertas de traballo" que aparece na portada da nosa web, vostede pode atopar oportunidades de emprego que cre apropiadas para o seu perfil. Para que o Xestor coñeza que vostede quere participar nun proceso de selección determinado, active a Opción "SE LLE INTERESA ESTA OFERTA, APÚNTESE A ELA" que aparece na información da oferta.
"Subir"
PREGUNTA
6:
No seu día, inscribín o meu Currículo na base de datos de Demandantes de CIMOEMPREGO. Agora quero realizar unha modificación no mesmo pero esquecín as miñas claves de acceso e por iso non puiden acceder. Ocorréuseme resolver o problema introducindo un novo CV meu. Pero o sistema rexéitame esta acción.
RESPOSTA:
Non pode haber dous ou máis Currículos inscritos en CIMOEMPREGO co mesmo Documento de Identidade. Envíenos unha mensaxe de correo electrónico informando do que lle acontece. Diríxao a info@cimoemprego.com
, lembre incluír o seu nome e apelidos e o número do seu Documento de Identidade. O noso Servizo de Atención ao Usuario responderá o seu correo electrónico indicándolle que debe facer.
"Subir"
PREGUNTA 7:
Teño dificultades para acceder á opción "Currículo".
Creo que escribín ben o meu Identificativo de Currículo e o meu contrasinal pero o sistema non me permite entrar, indicándome que unha das miñas claves (ou as dúas) son incorrectas.
RESPUESTA:
Lembre que, para acceder, vostede debe escribir o seu Identificativo e o seu Contrasinal de xeito idéntico a como o fixo o día en que se rexistrou, usando as mesmas maiúsculas e minúsculas.
Por exemplo: Se vostede se rexistrou no seu día como "Miguel",
o programa non lle permitirá acceder se escribe "miguel".
Volva a tentalo, coidando ese detalle. En caso de que o problema persista, envíenos unha mensaxe, describíndonos coa maior precisión posible a dificultade confrontada, ao enderezo
info@cimoemprego.com
"Subir"
PREGUNTA 8:
Confrontei problemas á hora de encher o formulario de inscrición do Currículo. O programa non me admite o que escribo nalgúns campos ou non me permite elixir as opcións nalgún dos despregables.
¿Qué debo hacer?
RESPOSTA:
É posible que a dificultade que se lle presentou obedeza a incompatibilidades da nosa aplicación co navegador que vostede usa no seu ordenador, xa sexa porque teña instalada unha versión antiga de Internet Explorer ou porque dispoña doutro navegador dos dispoñibles no mercado.
Unha recomendación que podería emendar o problema sería a de instalar a máis recente versión de Internet Explorer, que está dispoñible para descargar gratuitamente no enderezo que lle detallamos a continuación:
http://www.microsoft.com/downloads/details.aspx?displaylang=es&FamilyID=1e1550cb-5e5d-48f5-b02b-20b602228de6
Unha vez descargada, instálea e volva a entrar na nosa web www.cimoemprego.com.
Temos reportes de usuarios que con esta acción solucionaron esta dificultade.
Dende CIMOEMPREGO queremos subliñar que a anterior mensaxe é unha recomendación, unha suxestión, e queda nas súas mans a decisión e a responsabilidade de instalar ou non a actualización do Internet Explorer.
"Subir"
PREGUNTA 9:
Non podo entrar no meu Currículo de CIMOEMPREGO xa que esquecín as miñas claves de acceso. ¿Que debo facer?
RESPOSTA:
a.- Se esqueceu ambas claves (o seu Identificativo e o seu Contrasinal)...
b.- Se esqueceu o seu Identificativo pero lembra o seu Contrasinal...
En calquera de ambos casos, envíenos unha mensaxe de correo electrónico informándonos do acontecido. Lembre incluír o seu nome e apelidos e o número do seu Documento de Identidade. Diríxao a
info@cimoemprego.com.
O noso Servizo de Atención ao Usuario lle dará resposta o seu correo electrónico indicándolle que debe facer.
c.- Se lembra o seu Identificativo pero esqueceu o seu Contrasinal.
Debido ás regulacións legais sobre protección de datos, non podemos facilitarlle o seu contrasinal. Polo tanto, a solución é que vostede estableza unha nova. Para iso, siga estas instrucións:
a.- Prema no Menú, a opción "Currículo ".
b.- No cadro que se abre, introduza o seu Identificativo do Currículo e prema "LEMBRAR CONTRASINAL". Terá que dar resposta correctamente á pregunta que vostede dispuxo o día en que se rexistrou en CIMOEMPREGO.
c.- Unha vez efectuado este trámite, escriba o seu novo contrasinal.
d.- Apúntea e gárdea en lugar seguro para consultala no futuro se resultase necesario.
"Subir"
PREGUNTA 10:
En relación a unha oferta que vin publicada en CIMOEMPREGO: ¿pódenme facilitar máis detalles?
RESPOSTA:
Sentímolo pero non é posible. Publicamos na nosa web toda a información de que dispomos sobre características da oferta e requisitos esixidos aos candidatos.
"Subir"
PREGUNTA 11:
Resido fóra de España. ¿Podo inscribir o meu Currículo en CIMOEMPREGO?
RESPOSTA:
Se vostede desexa atopar un emprego en España pode inscribir o seu Currículo en CIMOEMPREGO. Así integrarase na nosa Bolsa de Demandantes. Siga os pasos que se sinalan na resposta á Pregunta 4 desta sección.
Debemos aclararlle que CIMOEMPREGO desenrola unha labor de intermediación entre candidatos e empresarios, sendo estes últimos os que deciden a elección final entre os aspirantes dispoñibles. Tamén informarlle que entre as actividades de CIMO non está a de xestionar o seu permiso de residencia e traballo en España. Para iso, deberá vostede dirixirse ás autoridades competentes.
"Subir"
PREGUNTA 12:
¿Como podo publicar un anuncio na sección de Franquías - Capital/Socios - Negocios de CIMOEMPREGO?
RESPOSTA:
Visite na opción "Os nosos Servizos" do menú, o apartado "PUBLICACIÓN DE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO". Alí explicámoslle todos os pasos que vostede debe dar para que anunciemos, de xeito gratuíto, a súa oferta en CIMOEMPREGO.
"Subir"
PREGUNTA 13:
Estou pensando en crear unha empresa. ¿Que pode facer CIMO por min?
RESPOSTA:
No menú, prema a opción "Os nosos Servizos". Nela, busque "AUTOEMPREGO / CREACIÓN DE EMPRESAS".
Informarémoslle sobre as actividades en beneficio do emprendedor que leva a cabo, todas de xeito gratuíto, o Área de Autoemprego de CIMO e como obter o seu apoio e asesoría en todo o proceso que vai dende a idea inicial ata a posta en marcha dunha nova empresa.
Dentro do apartado "Autoemprego" do menú, prema a opción "
Información". Nela atopará un amplo material relativo á creación de negocios, de gran interese para aqueles que teñen algunha idea ou iniciativa empresarial.
Os emprendedores e as persoas interesadas neste tema, poden efectuar consultas enviando un correo electrónico aos especialistas do Área de Autoemprego de CIMO. Prema "Asesoría gratuita" no menú.
Nas opcións "Franquías", "Capital/Socios" e
"Negocios" atopará oportunidades de interese para investimentos en negocios.
"Subir"
PREGUNTA 14:
O noso medio de comunicación está interesado en publicar gratuitamente as ofertas de traballo de CIMOEMPREGO. ¿Como podemos recibir ditas ofertas?
RESPOSTA:
CIMO colabora con numerosos medios, tanto na prensa escrita como en radio, televisión e Internet, sen custe algún para estes. O noso obxectivo é dar a máis ampla divulgación posible ás oportunidades de traballo que xestionamos gratuitamente e así posibilitar o acceso a elas a un número maior de demandantes de emprego.
Solicite este servizo escribindo ao Área de Comunicación de CIMO.
info@cimoemprego.com
Para máis información, PREMA AQUÍ
"Subir"
PREGUNTA 15:
Desexo saber máis sobre CIMO, Entidade declarada de Utilidade Pública, que xestiona este portal CIMOEMPREGO.
RESPOSTA:
Prema no Menú a opción
"Quen somos".
"Subir"
CIMO
Entidade declarada de Utilidade Pública
|