Se vostede necesita contratar persoal, contacte cos especialistas da Área de Colocación de CIMO.
Eles porán á súa disposición os miles de currículos rexistrados na nosa base de datos de demandantes de emprego e, mediante un proceso de selección de alto nivel profesional, axudaranlle a conseguir a persoa idónea para o posto de traballo que vostede necesita cubrir.
E todo iso sen custo ningún.
CIMO é unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública. Comprometida seriamente coa loita contra o desemprego, realiza un efectivo labor de intermediación entre empresarios e demandantes. Cada día, decenas de empresas e particulares acoden a CIMO para confiarnos a cobertura da súa selección de persoal.
Permita que xestionemos gratuitamente
a súa oferta de traballo. Ábraa, enchendo o formulario da opción "Solicite empregados", que aparece no menú da portada.
Benvido á Área de Colocación de CIMO. Estamos para servirlle.
Se ten algunha dificultade no proceso de inscribir a súa solicitude de persoal ou se necesita información adicional, escríbanos a calquera destas dúas direccións de correo electrónico:
ofertas@cimoemprego.com
info@cimoemprego.com
|