| Resumo:
 |
DENDE 1994, CIMO CONTRIBUÍU
A CREAR CENTENARES DE EMPRESAS
APOIANDO E ASESORANDO AOS SEUS CREADORES
DE FORMA TOTALMENTE GRATUÍTA
A ÁREA DE AUTOEMPREGO DE
CIMO
CONVÍDATE A ASORARTE
NO MUNDO DO AUTOEMPREGO
E DA CREACIÓN DE EMPRESAS |
AUTOEMPREGO: UNA
OPCIÓN TAN VIABLE COMO INTERESANTE
En CIMO somos conscientes da importancia, cada vez máis crecente, que a creación de empresas ten hoxe en día. Importancia que lle outorgaron os diferentes axentes económicos, recoñecendo o papel protagonista do autoemprego na nosa sociedade.
As experiencias acumuladas nos últimos anos, maioritariamente exitosas, fixeron que consideremos ao autoemprego como unha opción real, viable para a persoa en situación de paro. A través da creación da súa propia empresa, o desempregado pode, non só crearse ese posto de traballo que está buscando senón ademais, converterse no seu propio xefe. Pero o concepto vai moito máis alá xa que abre novos horizontes persoais. O autoemprego debe verse tamén como unha posibilidade, ao alcance da man, para canalizar as inquedanzas creativas a través das iniciativas empresariais. Trátase dun motor para desenvolver a personalidade, xa que o emprendedor ten que ser un individuo necesariamente activo, que deberá aprender a superar retos e obxectivos enfrontándose aos problemas, valorando realidades, asumindo riscos e tomando decisións.
Nos seguintes parágrafos trataremos de ofrecer unha visión realista dos mecanismos de actuación para a creación de novas empresas e difundir os pasos e posibles opcións a seguir.
"Subir"
AUTOEMPREGO E CULTURA EMPRENDEDORA
Autoemprego e cultura emprendedora son conceptos en voga. Proponse cada día como unha vía efectiva cara o obxectivo de alcanzar cotas de desenvolvemento similares ás que se lograron nos países máis avanzados do noso entorno. Aproveitando os recursos endóxenos das distintas zonas e fomentando a iniciativa empresarial en diversos ámbitos e sectores, pódese lograr a dinamización da economía e xerar emprego e riqueza.
Autoemprego implica a realidade dunha empresa creada dende a ilusión e a motivación, a definición e establecemento de procesos a partir de ideas, a creación de postos de traballo sobre a base do propio esforzo. Innovar, crear, xerar para os demais dende un mesmo. O autoemprego é a realidade sobre a que se sustenta a cultura emprendedora dun país, a capacidade de emprender e crecer baixo un mesmo horizonte.
En CIMO ofrecemos información sobre todo isto co obxectivo de dar a coñecer os proes e contras, vantaxes e inconvintes de converterse en empresario, e un breve mapa do proceso integral que se suscita no autoemprego e o que significa formar parte dun horizonte emprendedor. Poñemos o noso esforzo na vía de encamiñar a tendencia da creación de negocios en Galicia por unha senda ascendente, de mellorar a calidade e as taxas de éxito das empresas de nova creación.
"Subir"
¿QUÉ É UNHA PEME?
As catro letras das siglas PEME indican Pequena e Mediana Empresa.
Considerarase pequena e mediana empresa (PEME), segundo a Recomendación da Comisión Europea (DOCE nº L107/4, de 30 de abril de 1996), a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:
- Que empregue a menos de 250 persoas.
- Que teña un volume de negocio anual non superior a 40.000.000 euros (6.655.422.000 pta.), ou ben un balance xeral non superior a 27.000.000 euros (4.492.422.000 pta.).
- E que cumpra o criterio de independencia, entendendo por empresas independentes aquelas nas que o 25% ou máis do seu capital ou dos seus dereitos de voto non pertenza a outra empresa, ou conxuntamente a varias empresas que non respondan á definición de PEME ou de pequena empresa, segundo o caso.
Así mesmo, cando sexa necesario para a aplicación dos programas distinguir entre pequenas e medianas empresas, entenderase por pequena empresa aquela unidade económica que reúna os seguintes requisitos:
- Que empregue a menos de 50 persoas.
- Que teña un volume de negocio anual non superior a 7.000.000 euros (1.164.702.000 pta.), ou ben un balance xeral non superior a 5.000.000 euros (831.930.000 pta.).
- E que cumpra o criterio de independencia enriba indicado.
Tomando en consideración estes parámetros, o certo é que as PEMES constitúen en todo o mundo a base do desenvolvemento económico, dado que representan o 90% do número total de empresas e proporcionan arredor do 65% do emprego total.
No territorio español, as PEMES representan o 99% do censo empresarial e son globalmente significativas na maior parte das actividades económicas, o que nos da unha idea da importancia que no ámbito do autoemprego ten o dotar aos emprendedores das ferramentas de apoio necesarias para desenvolver este tipo de iniciativas.
"Subir"
RAZÓNS PARA A CREACIÓN DUNHA EMPRESA
¿Cales soen ser as razóns que levan a unha persoa a desenvolver e converter unha idea nun proxecto de negocio e posteriormente nunha realidade empresarial?.
Entre os elementos de motivación habituais sinalamos os seguintes:
 |
- Desexo ser o meu propio xefe
- Desexo ter independencia económica
- Desexo ter liberdade creativa
- Desexo utilizar por completo as miñas habilidades e coñecementos
|
"Subir"
¿PODO SER EMPRESARIO?
Existen unha serie de conceptos clave que todo emprendedor deberá ter en conta antes de iniciar unha actividade empresarial. Debe explorar e proporse diversas cuestións relativas ao ámbito da empresa, aos seus aspectos económicos e de produción, ao seu mercado, provedores e clientes e todos aqueles aspectos que condicionan a viabilidade dun proxecto. Non menos importante, de cara a determinar as posibilidades reais de triunfar, é o reflexionar sobre situacións específicas e analizar as características persoais que son inherentes ao empresario. Citaremos algunhas delas:
- confianza en si mesmo
- asunción de riscos
- creatividade e innovación
- capacidade de traballo
- aptitudes
- iniciativa
- formación
- ilusión
- competitividade
- optimismo
- espírito crítico
- dinamismo
|
 |
"Subir"
A IDEA INICIAL
Todo emprendedor parte dunha idea. Na Área de Autoemprego de CIMO traballamos sobre eses impulsos iniciais e contribuímos ao proceso creativo que os converterá primeiro en proxectos e máis tarde en negocios.
Neste departamento da nosa entidade, ofrécese apoio no proceso de xeración e maduración das iniciativas. Pretendemos provocar no emprendedor a reflexión sobre os distintos elementos que van conformar a súa idea empresarial, axudándolle a facer un diagnóstico inicial que resulta fundamental á hora de dar o próximo paso: o proxecto.
"Subir"
O PROXECTO DE NEGOCIO
Para que un proxecto de negocio estea perfectamente definido e identificados todos os seus elementos, o emprendedor deberá ter en conta, coñecer e analizar diversos aspectos:
 |
- o produto ou servizo: as súas características dende varios puntos de vista (técnico, económico, comercial...)
- situación do mercado: o consumidor, os competidores
- o proceso de produción
- os recursos humanos, o colectivo de traballo
- o emprazamento do negocio
- o plan de empresa
- o plan económico-financeiro
|
"Subir"
O PLAN DE EMPRESA
Trátase dun documento flexible que se realiza sobre a base de diversos aspectos e no que se reflicte o contido detallado do proxecto empresarial que se pensa por en marcha. Abarca dende a definición da idea que se pretende desenvolver ata os procesos e métodos para levar a cabo a súa execución.
No Plan de Empresa son analizados todos os factores obxectivos de cada un dos axentes económicos que interveñen na creación dun negocio. A súa confección obriga aos promotores do proxecto a iniciar a súa aventura empresarial cun mínimo de coherencia, rigor, eficacia e posibilidades de éxito.
Como dixemos, todo proxecto de creación de empresa ten o seu orixe nunha idea. A partir deste punto inicial analízanse un conxunto de elementos e factores, tanto externos (oferta e demanda, competencia...) como internos (capital inicial, equipo humano, plan de produción, plan de marketing...).
A importancia da culminación do análise de todos estes factores reside en que poden influír de modo positivo ou negativo na idea do plan de negocio ou plan de empresa.
"Subir"
O PLAN ECONÓMICO-FINANCEIRO
Definidos os obxectivos e directrices a seguir na empresa, plans de acción e actuacións, é conveniente realizar unha síntese dos mesmos nun plan específico relativo ao proxecto: isto é, os orzamentos xerais da empresa, o denominado Plan Económico-Financeiro, no que se recolle en termos monetarios o contido do plan de negocio e as súas implicacións. Os aspectos económico-financeiros do proxecto constitúen a última parte do plan de empresa.
A súa importancia radica en que supón unha planificación a curto e medio prazo da actividade da empresa, permitindo planificar con antelación as actuacións e contemplar a previsión de situacións de risco específicas.
Resulta así fundamental que o promotor dispoña da axuda e formación necesaria de cara a conceptuar e planificar estes aspectos, base do éxito do proxecto de negocios.
"Subir"
FORMAS XURÍDICAS DA EMPRESA. VANTAXES E DESVANTAXES
A elección da fórmula xurídica que adopte a nova empresa é un elemento clave de cara a configurar responsabilidades e riscos, obrigas legais e vantaxes. Unha elección que estará sustentada en diversos axentes que conveñan en que sexa esa a opción axeitada.
- Empresario individual
- Sociedade Anónima
- Sociedade Anónima Laboral
- Sociedade de Responsabilidade Limitada
- Sociedade de Responsabilidade Limitada Laboral
- Sociedade Limitada Nova Empresa
- Sociedade Colectiva
- Sociedade Comanditaria
- Sociedade Agraria de Transformación
- Sociedade Cooperativa
- Sociedade Civil
- Comunidade de Bens
Tomando en conta o tipo de negocio que se desexa iniciar e a partires do Cadro Comparativo de Sociedades, o asesor de CIMO presenta ao emprendedor as vantaxes e inconvenientes de cada unha delas no seu caso específico.
"Subir"
TRÁMITES DE CONSTITUCIÓN
Neste momento do proceso xa analizamos as distintas fórmulas xurídicas e temos determinado a que vai adoptar a empresa nacente. Tamén realizamos o análise de viabilidade previo tendo en conta os múltiples axentes que intervirán no proceso. Agora, o seguinte paso: o emprendedor, con axuda do titor, iniciará os trámites de constitución. A idea adopta unha forma e a empresa comeza a ser xa unha realidade.
Son múltiples e complexos os trámites de constitución. En función do tipo de actividade e sector, aos trámites comúns a calquera empresa engádenselles outros específicos. Ao emprendedor facilitaráselle e axudaráselle con relación aos seguintes ámbitos:
Cadro xeral de trámites
- Trámites previos (comprobación de nome, certificacións negativas, elaboración de estatutos...)
- Trámites ante diversos organismos, administracións (Delegacións de Facenda, Concello, Ministerio de Traballo, Seguridade Social, INEM, Rexistros, Delegacións provinciais...)
- Outros aspectos da empresa
"Subir"
NORMATIVA APLICABLE AO PROXECTO
Durante o traballo de asesoría, ao emprendedor que vén a CIMO facilítaselle toda a normativa aplicable á súa actividade empresarial para que sexa coñecedor das limitacións legais que a condicionan e regulan, así coma dos distintos aspectos lexislativos relativos á empresa que desexa fundar.
"Subir"
FONTES DE FINANCIACIÓN
Un dos piares básicos de calquera nova actividade empresarial, se o remanente económico necesario non está dispoñible na súa totalidade, constitúeo a posibilidade de financiación do proxecto. Neste senso, é preciso coñecer as fontes de financiación existentes e analizar as posibilidades de optar por algunha fórmula axeitada ás necesidades previstas.
Esta importante tarefa do titor permite ao promotor incrementar as posibilidades de éxito do seu proxecto. As fontes pódense catalogar en:
- Financiación propia: contribución dos promotores
- Financiación allea: contribucións externas
- Instrumentos financeiros:
- préstamos e créditos
- descontos
- capital risco
- préstamo participativo
- hipoteca e prenda
- pagarei
- cesión de creto
- factoring
- leasing
- renting
- outros instrumentos financeiros
- Axudas e subvencións
|
 |
"Subir"
SUBVENCIÓNS E PROGRAMAS DE APOIO AO PROXECTO
Entre as funcións do titor está a de informar ao novo emprendedor sobre as subvencións ás que podería acceder. Esta labor do técnico resulta fundamental en canto á financiación que precisa o proxecto para converterse nun negocio real.
Os asesores de CIMO teñen ao seu dispor información detallada sobre as axudas dispoñibles nos distintos ámbitos: local, provincial, autonómico, estatal e europeo.
"Subir"
OFERTA FORMATIVA RELATIVA AO PROXECTO SECTORIAL
Tanto con carácter previo como con posterioridade ao inicio da actividade empresarial, a formación configúrase como un indiscutible elemento de apoio para o emprendedor. Este, asesorado polos especialistas da Área de Autoemprego de CIMO, ten a posibilidade de acceder á oferta formativa que sirva para aumentar a súa cultura empresarial e en específico aqueles cursos, xornadas, seminarios, etc., directamente relacionados coa actividade do seu sector.
"Subir"
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O EMPRENDEDOR
A petición do emprendedor, CIMO pon nas súas mans información, tanto xeral como particular, sobre temas que poden resultar de interese para a súa actividade: noticias do ámbito empresarial, novidades lexislativas (de índole laboral, fiscal, contable, penal, etc.)
Tamén se suxiren medios de información (libros, diarios, revistas especializadas, webs...) que aporten ideas e experiencias útiles.
"Subir"
IDEAS QUE TRIUNFARON (E OUTRAS QUE NON)
Neste servizo de CIMO reflíctense ideas que se converteron en empresas de éxito; as súas traxectorias, liñas seguidas, modos de financiación, etc. E tamén fracasos, analizados dende un punto de vista empresarial para tomar exemplo dos erros cometidos.
"Subir"
TODOS OS SERVIZOS QUE OFRECE A ÁREA DE AUTOEMPREGO DE CIMO SON TOTALMENTE GRATUÍTOS
As persoas que teñan unha idea empresarial e desexen explorar as posibilidades de convertela nun negocio, poden solicitar unha cita para unha entrevista persoal na Área de Autoemprego de CIMO.
Tamén aqueles interesados en recibir asesoramento sobre autoemprego e creación de empresas, poden contactar con CIMO para efectuar consultas.
En ambos casos, deben enviar a solicitude por e-mail ao seguinte enderezo:
autoemprego@cimoemprego.com
ou chamar ao teléfono 988 39 15 15
de luns a venres, de 9:00 a 14:00 (hora peninsular española)
"Subir"
|